Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CARA AO REFERENDO SOBRE O ESTATUT

"O PP utilizará o teu non contra Cataluña" será o lema da campaña do PSC

"Cataluña leva aturando insultos do PP durante dous anos e agora podemos volverllos nun só día", explicou este mércores José Zaragoza, secretario de organización do PSC ao presentar o que será o eslogan do partido na campaña a prol do novo Estatut catalán. Os socialistas preparan unha ambiciosa campaña de actos en defensa dun texto para o que PP e ERC pediran o voto en contra. Desde o PP catalán cualificaban a campaña de "sucia e rastreira".

- 06:55 18/05/2006
Tags:

"Cataluña traballou moito para conseguir este Estatuto", indiou Zaragoza, "dános máis competencias e recursos económicos", defendeu ao tempo que denunciaba que "o PP desenvolveu unha clara estratexia en contra de Cataluña". Segundo o secretario de organización dos socialistas cataláns, "se Cataluña fala alto e claro en favor do Si, o PP terá fracasado e Cataluña recuperará o seu prestixio". "Rajoy xa anunciou que desde o día seguinte ao referendo fará todo o posíbel para que o Estatut non se cumpra", advertiu. "Cataluña xógase o seu presente e o seu futuro", afirmou, insinuando en referencia á estratexia de Esquerra diante desta cita que "non se pode xogar ao Non agardando que gañe o Si".

Desde o PP catalán, o seu voceiro Daniel Sirera comentaba este mércores que o lema escollido polos socialistas "é froito do seu nerviosismo" e avaliaba que "o PSC volve usar a crítica ao PP como único argumento porque non son capaces de explicar ningún aspecto positivo do Estatut". "Os socialistas están chegando a cotas de delirio inimaxinábeis e perderon os papeis", comentou, cualificando de "deriva antidemocrática" a campaña deseñada polos socialistas. Na súa opinión "serán moitos os votantes do PSC que voten Non ao Estatut".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: