Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"A TODA COSTA"

Un novo "Hai que botalos" en defensa do litoral galego

Xusto un ano despois da estrea mundial da cinta reivindicativa "Hai que Botalos", Arredemo vén de presentar unha nova iniciativa coa que tentará evitar a marbellización da costa galega. Coa vista nas eleccións municipais do 2007, esta rede de acción sociocultural, propón a realización dun filme que denuncie os proxectos que tentan "urbanizar o inurbanizábel" ao longo do noso litoral. Seguindo a mesma estrutura de "Hai que Botalos", Arredemo convida a quen o desexe a formar parte deste proxecto mediante o envío de ideas e a posterior realización de curtametraxes que reflictan a situación de perigo que corre o noso ecosistema costeiro.

- 12:30 23/05/2006
Tags:

Un ano despois da estrea de "Hai que Botalos" e logo de máis de 365 días do lanzamento da súa web, Arredemo presenta baixo o nome provisional de "Hai que evitalos / A toda costa" a súa nova iniciativa coa que tentará denunciar os proxectos urbanísticos incontrolados que están a ameazar as costas de Galiza. Nos últimos meses, tanto a prensa como o blogmillo veñen informando sobre a intención de moitas construtoras de converter o litoral galego nunha nova Costa do Sol e non son poucos os colectivos que están a denunciar estes casos. Porén, Arredemo teme que a industria do formigón silencie aos grandes medios de comunicación e por iso formula este novo proxecto. Aínda en proceso de xestación, a iniciativa seguiría a mesma estrutura que Hai que Botalos; realización dunha serie de curtametraxes e a súa posterior proxección e difusión nas datas anteriores aos comicios. O obxectivo: "advertir a clase política e empresarial de que a cidadanía está alerta e que vai traballar para que non se estrague o noso ecosistema e as nosas paisaxes".


Ligazóns

0/5 (0 votos)