Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O 'SI' GAÑA AMPLAMENTE CUN 73,9 POR CENTO

Máis da metade dos cataláns non votaron no referendo

A baixa participación na xornada de referendo -un 49,3 por cento- sobre a reforma do Estatut catalán é o gran destaque duns resultados electorais que, pasadas as dez da noite e con case o cen por cen do voto escrutado, danlle ao non un 20.76 por cento fronte a un 73.90 do si e un 5.34% de votos en branco. Chegará para dar por bo o Estatut? "O abano de tensión está entre o cincuenta por cento da participación e o vinte por cento dos non. Calquera cousa que baixe do cincuenta ou suba do vinte representará unha impugnación seria ao estatuto cara ao futuro. E máis aínda se se combinan as dúas cousas". Velaí a avaliación sobre o punto de inflexión que o referendo arredor do Estatut marcará para o futuro de Cataluña, segundo opina Vicent Partal, director de Vilaweb, onde lles recomendamos seguir a última hora.

  • Cara ao referendo estatutario: En clave electoral
  • A mobilización social: Nons a favor de Cataluña
  • "A forza do Non", artigo de Vicent Partal
  • Documentos: A "mutilación" do Estatut, texto completo do aprobado polo Parlament con subliñado dos recurtes, modificacións e engádegas aplicadas no Congreso.
  • Vídeos:"Cepillámonos o estatuto do Parlament", vídeo coas declaracións de Alfonso Guerra que ERC utiliza na súa campaña a prol do "Non".
    -"Aznar di Non", vídeo dos socialistas cataláns na súa campaña polo "Si".
    -O PP usa a actualidade catalá para facer campaña noutras partes do Estado, vídeo que inclúe o son dun anuncio dos populares nas radios andaluzas.
    -O PP catalán convida a Zaplana a falar contra o Estatut.
    -"NoPas", brincadeira que mestura a Lluis Llach por un lado, e o Koala e seu 'Opá', ao fío da campaña do Estatut.
  • Audio: O presidente de Estremadura, Rodríguez Ibarra, fala a prol do "si".

- 20:39 18/06/2006
Tags:


0/5 (0 votos)