Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
150.000 EUROS A REPARTIR ENTRE AS GAÑADORAS

As axudas para a escrita de guións en galego premian 12 propostas

A Consellería de Cultura e Deporte anunciou este mécores o resultado da convocatoria de axudas para escrita de guións no noso idioma. Un total de 12 traballos foron merecedores destas subvencións que oscilan entre os 8.500 e os 12.000 euros por proposta. Entre os candidatos, 120 ideas concorrían á iniciativa da Xunta de promocionar o audiovisual galego.

- 07:43 29/06/2006
Tags:

As bolsas por valor de 150.000 euros que a Consellería de Cultura e Deporte convocara o pasado día 4 de abril para a redacción individual de guións en lingua galega foron dadas a coñecer este mércores. Segundo os convocantes, "coa intención de estimular a creatividade e o talento na procura dun audiovisual con identidade e ollada propias".

Os produtos presentados non podían ter sido empregdos en ningún outro certame e debían tratarse de ideas orixinais. Así, de 120 propostas presentadas, foron escollidas 12 polos membros do xurado. Este órgano estivo composto por Luís Bará Torres como presidente, Antonio Rodríguez Álvarez exerceu de secretario e foron vogais a escritora, dialoguista e guionista de curtametraxes e series de TV, Puri Seixido Gomez, o novelista, articulista, critico de cine, teatro e artes plásticas, Camilo Franco Iglesias e o director de programas de TVG e crítico cinematográfico, Eduardo Galán.

Entre as contías asignadas aos gañadores atópanse as que estriban entre os 8.500 e os 12.000 euros. Foron merecedoras deste recoñecemento económico Setembro, de Xosé Manuel Bazarra Maneiro, Baixo o mesmo teito, de Rosa Castro Legazpi, Marela, unha road movie bovina, de Pedro Vila Taboas, Alguén externo, de Beatriz Santana Dopeso, Da fonte, de José Juan Morgade López, Amence en Bouzas, de Xosé Castro Puga, e Tra-las luces, de Sandra Sánchez Cachaza.

O creador de nubes, de Carlos López Rios e A conta atrás, de Carlos Portela Orjales levaron 11.000 euros cada unha e con 9.000 foron premiadas Outro mais, de Ricardo Llovo Otero, Monte Pindo, de Joaquín Judas Diz Otero e Na madrigueira do lobo, de Adolfo Ponte Velasco. Baixo os paus, de Oscar Losada Castro e A banda de Matusalén, de Felipe C. Amil recibirán 8.500 euros.


0/5 (0 votos)