Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVO COMUNICADO DO PRESIDENTE CUBANO

Fidel Castro permanece estábel logo da cirurxía

"De ánimo atópome perfectamente ben, e o importante é que no país todo marcha e marchará perfectamente ben. O país está preparado para a súa defensa coas Forzas Armadas Revolucionarias e o pobo". Así o afirma a nova mensaxe asinada por Fidel Castro, feita publicamente logo do seu primeiro paso polo quirófano despois da intervención á que foi sometido por unha hemorraxia intestinal e despois de delegar funcións en seu irmán e no Partido Comunista cubano. "Eu non podo inventar noticias boas, porque non sería ético, e se as noticias son malas, o único que vai tirar proveito é o inimigo", recolle o texto feito público nas últimas horas.

- 05:49 02/08/2006
Tags:

Comunicado completo
"Eu non podo inventar noticias boas porque non sería ético e se as noticias fosen malas o único que vai sacar provecho é o inimigo. Na situación específica de Cuba, debido aos plans do Imperio, o meu estado de saúde convértese nun segredo de Estado que non pode estar divulgándose constantemente e os compatriotas deben comprender iso.

Non podo caer no círculo vicioso dos parámetros de saúde que constantemente ao longo do día se moven. Podo dicir que é unha situación estábel, pero unha evolución real do estado de saúde necesita o transcurso do tempo. O máis que podería dicir é que a situación se manterá estábel durante moitos días antes de poder dar un veredito.

Estou moi agradecido por todas as mensaxes dos nosos compatriotas e de moitas persoas no mundo. Lamebto terlle causado tanta preocupación e molestia aos amigos no mundo. De ánimo atópome perfectamente ben.

O importante é que no país todo marcha e marchará perfectamente ben. O país esta preparado para a súa defensa polas Forzas Armadas Revolucionarias e o pobo.

Os nosos compatriotas coñecerano todo ao seu debido tempo como pasou cando a miña caída, hai que loitar e traballar".




0/5 (0 votos)