Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A INVESTIGACIÓN DA CAUSA DOS LUMES DEU EN 84 DETIDOS NO QUE VAI DE ANO

Detidos presuntos incendiarios en Santiago, Lugo e Lalín

Ás tres detencións realizadas o pasado luns, súmanxe xa no que vai de xornada outros tres individuos supostamente responsábeis de prenderlle lume aos montes e detidos en Galiza este martes. Logo de decretarse o ingreso en prisión da persoa á que se lle atribúen varios lumes no contorno de Santiago, o delegado do goberno en Galiza, Manuel Ameijeiras, avanzou a detención doutro individuo en Lalín. E doutra beira, a Garda Civil detivo en Lugo ao presunto autor dunha queima de rastrollo sen autorización nunha finca privada que causou un lume onde arderon 3 mil metros cadrados de superficie. Lembrámoslles que logo das detencións practicadas este mesmo luns, o reconto chega en Galiza a un total de 87 persoas detidas por, presuntamente, prenderlle lume ao monte. De xeito concreto, a Garda Civil deu conta de 52 detencións desde o mes de xaneiro, e a Policía Autonómica de 35 presuntos incendiarios detidos.

  • Anterior: Tres detidos este luns en relación cos incendios, un deles en liberdade despois de prestar declaración

- 14:59 08/08/2006
Tags:


0/5 (0 votos)