ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AGRADECE A COLABORACIÓN DA CIDADANÍA

Zapatero ofrece "todos os medios necesarios" e anuncia axudas para os afectados

O presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, interrompeu as súas vacacións en Lanzarote e viaxou cara Galiza para coñecer de primeira man o drama que se está a vivir nos nosos montes. Nunha rolda de prensa ofrecida conxuntamente co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, Zapatero asegurou que o goberno central porá a disposición de Galiza "todos os medios necesarios" para loitar contra o lume. Ao memo tempo, o presidente español anunciou un paquete de axudas para os afectados unha vez estean avaliados os danos. Zapatero tén previsto reunirse cos responsábeis dos labores de extinción así como achegarse ata algunhas das zonas afectadas polos incendios.

- 19:33 09/08/2006
Tags:


0/5 (0 votos)