Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRESUNTO BOICOT AO TRABALLO DOS MEDIOS AÉREOS CONTRA O LUME

Dificultan os traballos de extinción prendendo lume a pé dos aeroportos

Nas últimas horas iniciáronse diversos focos de incendio no contorno dos aeroportos de Lavacolla, en Santiago de Compostela, e Peinador, en Vigo. Estes incendios provocaron que o fume chegara deica as zonas de despegue e aterraxe dificultando o tráfico aéreo de xeito xeral e de forma concreta o movemento dos medios áereos de extinción que usan destas pistas para o seu labor. Desde a consellaría de Medio Rural confirmaban esta tarde as dificultades que estes lumes crean para o traballo dos servizos de extinción. Á beira, desde o Centro de Coordinación, apuntan que no caso do aeroporto compostelán o lume iniciouse en até cinco puntos diferentes nas proximidades das pistas, polo que estaría clara a intencionalidade dos lumes. Desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Adega, consideran que "este é un episodio máis que vén a demostrar, dende o noso punto de vista, a intencionalidade do lume e a profesionalidade maxistral con que se está a empregar esta intencionalidade", cualifican o acontecido de claro "boicot aos traballos de extinción" e insisten en denunciar o "terrorismo ambiental" que vive o país estes días, chamando á colaboración cidadá contra os incendiarios.

- 19:23 09/08/2006
Tags:


0/5 (0 votos)