Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONFIRMADA A DETENCIÓN DUN MEMBRO DUNHA BRIGADA FORESTAL

Quince presuntos incendiarios detidos no que vai de mes

Nas últimas horas confirmouse que o número de detencións no que vai de mes chega xa a quince persoas, malia que as forzas de seguridade prefiren non facer públicos moitos datos mentres avanzan as investigacións. A intencionalidade dun amplo número de lumes queda evidenciada tamén nas probas atopadas do uso de artefactos incendiarios, diversos carburantes, chisqueiros e explosivos. A Garda Civil confirmou que un dos presuntos incendiarios detidos durante a noite do mércores era membro da brigada de apagalumes de de Cabana de Bergantiños. A este individuo atribúenselle cando menos tres lumes prendidos intencionadamente no concello de Malpica. Por outro lado, soóubose que o detido no contorno do concello coruñés da Baña fora retido polos veciños ao velo prendendo lumes desde o coche. O secretario xeral de Relacións Institucionais, Antón Losada, avanzara na noite deste mércores e durante un programa especial da Televisión Galega que entre os detidos estaban respectivamente un empregado dunha brigada forestal contra o lume e un traballador dunha empresa madeireira. De momento non trascenderon máis datos. Lembrámoslles que durante a tarde deste mércores, axentes do Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil, Seprona, detiveron a un veciño de Boiro, de iniciais X.M.L.T, de 41 anos de idade, presuntamente responsábel de prenderlle lume ao monte cando menos en tres puntos diferentes das comarcas do Barbanza e Noia. Por outro lado, a Radio Galega adiantaba na noite do mércores que axentes policiais buscan outra persoa no concello pontevedrés de Crecente pola súa suposta implicación na orixe de varios incendios.

  • Anteriores: Detidos presuntos incendiarios en Santiago, Lugo e Lalín
  • Dificultan os traballos de extinción prendendo lume a pé dos aeroportos
  • Os incendiarios perfeccionan os mecanismos para queimar os montes

- 18:48 10/08/2006
Tags:


0/5 (0 votos)