Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A PEOR VAGA DE LUMES DA HISTORIA

Voces e reflexións sobre o lume no foro de Vieiros

Nestes días nos que estamos a perder os nosos montes queremos que sexas ti quen alce a voz en contra dos lumes. Poderíase dicir que o noso foro tamén bota fume: culpábeis, reflexións, posíbeis solucións ou o futuro dos nosos bosques son algúns dos temas que se están a tratar. Tes algo que dicir?, visita o foro e deixa a túa opinión ou reflexión sobre a peor vaga de lumes da historia. Lembra que tamén podes mandarnos as túas fotos ou vídeos.

- 13:28 10/08/2006
Tags:

  • É a limpeza dos bosques a solución? Xoséman cre que si.
  • "O monte ten que ser limpo antes do verán para poder garantir que non se convirte nestes meses nunha lata de gasolina."

  • Xa de repoboar o monte, mellor con variedades autóctonas. Unha proposta de Anxo_as.
  • "Que non se plante nin un só eucalipto. Hai que presionar todo o que se poida. Eucaliptos fora."

  • O lume que chega polo aire. Breoghain tamén nos fala dos paracaídas incendiarios.
  • "Moitos de nós levamos días mirando avionetas que voan por zonas afectadas e zonas nas que despois xorden lumes."

  • Trátase dun problema propio da idiosincrasia galega?. Reflexión de ‘eu galego-nunca xalexo!’.
  • "É triste ver como unha grande parte dos galegos fan honra aos peores tópicos sobre a nosa estirpe."


    0/5 (0 votos)


    Sen comentarios

    Novo comentario

    É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

    Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: