Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MÁIS DE VINTE DETIDOS NO MES DE AGOSTO

A policía autonómica detivo un home de 90 anos suposto responsábel de seis incendios

Veciño da parroquia de Peitieiros, no concello pontevedrés de Gondomar, a M.P.Q, na altura dos seus noventa anos de idade, axentes da policía autonómica de Vigo atribúenlle varios lumes nos montes da zona. O individuo sería presunto autor de seis delitos de incendio forestal que lle afectaron a un área poboada por piñeiros de máis de corenta anos. Con esta detención pasan xa de vinte o número de persoas capturadas polas forzas de seguridade. De xeito concreto, a Policía Autonómica informa que no que vai de ano xa detivo 39 presuntos incendiarios. Dos detidos na tarde do xoves no concello coruñés de Ames, A.B.P, menor de idade, pasou a disposición da fiscalía de menores da Coruña, e B.F.P.R. presta declaración ante o xuiz este venres en Santiago.

- 12:41 11/08/2006
Tags:


0/5 (0 votos)