Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A REDE ORGANÍZASE

Arde Galiza: colabora contra o lume!

A Comunidade de Montes de Cerdedo precisa voluntarios, desde Terra de Trasancos, tamén requiren de xente para realizar labores de vixilancia logo da aparición de pequenos focos de lume e para controlar que a cousa non vaia a maiores. Desde a Comunidade de Montes de Campo Becerros, no concello ourensán de Castrelo do Val, tamén agradecerían a chegada de voluntarios. Son algunhas das convocatorias en Arde Galiza. Alén do teléfono do voluntariado, a rede de acción sociocultural Arredemo, herdeira da Burla Negra, serve de punto de encontro para outras tarefas de voluntariado, fundamentalmente de vixiancia de montes fronte aos incendiarios. O teu monte precisa de ti!. Toda a información en Arde Galiza.

- 19:07 11/08/2006
Tags:


0/5 (0 votos)