Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FRONTE Á VAGA DE INCENDIOS

Máis dun cento de voluntarios axúdanlle ás brigadas nos montes

Alén do espontáneo voluntariado que a pé de lume vén axudando durante esta vaga de incendios, o sistema artellado a través do teléfono en defensa do monte: 900 400 800, recibiu milleiros de chamadas de potenciais voluntarios e coordina diariamente, a través da colaboración da vicepresidencia da Xunta e a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais, un mínimo de 150 voluntarios que traballan en tarefas de vixiancia e apoio loxístico aos servizos de extinción de incendios. Desde Verdegaia louvan o dispositivo artellado, aínda que puntualizan que, moi especialmente no voluntariado que se destinará posteriormente a labores de repoboación das superficies queimadas, non debera usarse para aforrar cartos ou postos de traballo á administración, controlando que se cingan en exclusiva a proxectos de sensibilización, "para coñecer, aprezar e defender os montes".

- 08:42 13/08/2006
Tags:


0/5 (0 votos)