Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A VAGA DE INCENDIOS DE AGOSTO

Arderon máis de 60 mil hectáreas no que vai de mes

Deica o mes de agosto queimáranse xa nos montes preto de quince mil hectáreas, e a Xunta traballaba este martes no detalle das cifras totais de superficie queimada na vaga de incendios que prendeu no país os últimos días. Segundo fontes do goberno galego, ese balanzo, que podería ser feito público este mesmo mércores, eleva a superficie ardida por riba das 60 mil hectáreas, en cifras próximas ao total que ardeu durante todo o 2005, daquela 67 mil ha, polo que o total do ano sobe xa a unhas 80 mil hectáreas. Doutra banda, socialistas e nacionalistas critican que o PPdeG tratase de facer pasar por datos oficiais da NASA o que en realidade era a interpretación dos datos de gráficos do satélite realizada por unha web particular, que considera como área queimada concellos e vilas enteiros.

- 05:59 16/08/2006
Tags:


0/5 (0 votos)