Non será antes de 36 horas cando se restableza a circulación na liña ferroviaria, tendo os pasaxeiros que facer por estrada parte dos traxectos que inclúen a liña afectada, e a administración deuse un prazo de 48 horas para ofrecer todos os detalles do accidente. Con todo, a ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, aseguraba na noite deste luns á beira de José Salgueiro, presidente da empresa estatal Administradora de Infraestruturas Ferroviarias, Adif, que "o exceso de velocidade", 70 km/h nunha zona limitada a 30km/h, sería a causa do sinistro. Por outro lado, a última hora confirma que entre os seis mortos está unha muller de Ourense. Ademais, cando menos outros cinco galegos permanecen hospitalizados, dous deles con prognóstico grave.