Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DESCARRILAMENTO NA LIÑA GALIZA-EUSCADI

Fomento e Renfe insisten no "exceso de velocidade" como única causa do sinistro

Este mércores deberían facerse públicos os primeiros detalles do accidente ferroviario acontecido en Villada (Palencia) e os avances da investigación aseguran agora que o tren circulaba a máis de 100 km/h, nun treito onde o cambio de vías sitúa a marxe de seguridade entre os 30 e os 80 km/h. Desde o ministerio de Fomento e a propia Renfe insisten en que ese exceso de velocidade sería a única explicación do descarrilamento, renunciando a afondar en se vagóns máis modernos, ou un sistema de freos máis avanzado podía ter evitado a catástrofe. Ao respecto do propio tren, un dos máis antigos que circula no Estado, indican que pasou correctamente unha inspección o mes pasado.

  • Teléfonos de información habilitados por Renfe: 900 200 222, 902 200 215 e 800 200 112
  • Vicepresidencia en colaboración cos colexios oficiais de traballadores sociais e psicólogos de Galiza habilitou un teléfono de atención social e psicolóxica para afectados: 981 544 619
  • Teléfonos de apoio do Concello da Coruña e buses para o traslado de parentes desde o Concello de Vigo, as dúas cidades desde onde saíu o tren
  • Anteriores: Tres galegos entre os seis falecidos no accidente ferroviario
  • Seis mortos e trinta feridos logo de descarrilar o tren que une Galiza e o País Vasco
  • Fomento avalía que o tren saíu da vía polo "exceso de velocidade"
  • Condolencias do goberno galego e desprazamento da conselleira de Sanidade ao lugar
  • O BNG pide a comparecencia da ministra e o presidente de Renfe
  • Acusan o executivo de "deixar en segundo plano" as liñas ferroviarias convencionais
  • Unha traxedia debida a "transportes do terceiro mundo"

- 05:58 23/08/2006
Tags:


0/5 (0 votos)