Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REVELA QUE O CONDUTOR SI RECIBIU O AVISO DE CAMBIO DE VÍA

A caixa negra do tren confirma o exceso de velocidade

O erro humano é subliñado outra vez por Fomento e as empresas ferroviarias, Renfe e Adif, toda vez que a análise da caixa negra revelou que o tren entrou no contorno de Villada, onde se produciu o accidente, a unha velocidade de 125 km/h. Ao tempo, confirmaríase que o maquinista si recibira o aviso de freo, aínda que na súa declaración asegurou que non se producira. Con todo, e á espera de coñecer o detalle da investigación, os sindicatos insisten en que non se debera restrinxir a explicación a ese exceso, e que o sinistro é evidencia doutros problemas.

- 07:04 24/08/2006
Tags:

O treito onde aconteceu o descarrilamento permite unha velocidade de até 130 km/h, malia que cambio de vías polo que debeu pasar o tren, reduce a velocidade máxima permitida a unha limitación dentro da marxe de seguridade de 30 a 80 km/h. Segundo a caixa negra do tren, no momento do accidente o tren circulaba a 125 km/h.

Da outra beira, o maquinista asegurara que non recibiu o aviso para frear o tren, polo que mantivo a velocidade permitida para ese treito. Pola contra, a caixa negra si tería recollido ese aviso ao condutor, un sinal acústico ao que o maquinista debe responder premendo un botón. Desde o Sindicato de Maquinistas e Axudantes Ferroviarios, Semaf, sumábanse nas últimas horas ás advertencias doutros colectivos sindicais chamando a non reducir a avaliación a un erro humano, advertindo doutros factores posíbeis vencellados.

Na última hora, 9 dos 36 feridos seguían no hospital, entre eles o máis grave é o mozo ourensán de 22 anos, fillo dun concelleiro socialista ourensán. Ao tempo, a ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, solicitou comparecer no Congreso para explicar as circunstancias do acontecido.




  • Teléfonos de información habilitados por Renfe: 900 200 222, 902 200 215 e 800 200 112
  • Vicepresidencia en colaboración cos colexios oficiais de traballadores sociais e psicólogos de Galiza habilitou un teléfono de atención social e psicolóxica para afectados: 981 544 619
  • Teléfonos de apoio do Concello da Coruña e buses para o traslado de parentes desde o Concello de Vigo, as dúas cidades desde onde saíu o tren
  • Anteriores: Fomento e Renfe insisten no "exceso de velocidade" como única causa do sinistro
  • Tres galegos entre os seis falecidos no accidente ferroviario
  • Seis mortos e trinta feridos logo de descarrilar o tren que une Galiza e o País Vasco
  • Fomento avalía que o tren saíu da vía polo "exceso de velocidade"
  • Condolencias do goberno galego e desprazamento da conselleira de Sanidade ao lugar
  • O BNG pide a comparecencia da ministra e o presidente de Renfe
  • Acusan o executivo de "deixar en segundo plano" as liñas ferroviarias convencionais
  • Unha traxedia debida a "transportes do terceiro mundo"


0/5 (0 votos)