Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOS XULGADOS CONTRA OS RESPONSÁBEIS DO VERTIDO TÓXICO NO RÍO UMIA

Greenpeace presentará denuncia na fiscalía contra Brenntag

Cun volume de negocio de 5.300 millóns de euros no ano 2005 e máis de nove milleiros de traballadores e 300 factorías en todo o mundo, Brenntag é o maior distribuídor de produtos químicos de Europa. Desde o colectivo ecoloxista Greenpeace, anuncian que presentarán denuncia contra o xigante na fiscalía para que o grave delito ecolóxico causado "non quede impune". Mentres a empresa propietaria da instalación incendiada asegura que hai un ano que instalara un dispositivo anti-incendios e que se auditou a seguridade de todas as súas fábricas hai tres anos, antes do cambio de capital na propiedade do grupo.

- 10:00 04/09/2006
Tags:

"Estamos diante dun delito ecolóxico de graves consecuencias para o medio ambiente e as persoas, e a xustiza debe investigar ata o fondo e castigar os culpábeis da actual situación, porque feitos deste tipo non poden quedar impunes", dixo este luns Juan López Uralde, director de Greenpeace. Especialistas do colectivo ecoloxista traballa xa na zona afectada polo vertido no río Umia, recollendo probas e documentando todos os efectos sobre o medio ambiente, coa fin de que sirvan de aval sobre o impacto do suceso na acción xudicial que emprenderán contra a multinacional química.

"Nesta ocasión o vertido foi dunha toxicidade tal que estamos vendo as súas consecuencias case en directo, pero é a xeralización de feitos deste tipo e a menor escala o que convirte os nosos ríos en auténticos vertedoiros", di Julio Barea, técnico de Greenpeaxe desprazado á zona. Dos propios análises realizados pola Xunta, trascendeu que entre as sustancias atopadas na auga hai "tolueno, xileno, tetracloroetileno ou benceno, todas elas altamente perigosas".


0/5 (0 votos)