Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
AS NOVAS ESTRATEXIAS INCLUIRÁN UNHA TV PROPIA EN INTERNET

O PSOE aproveita a súa Conferencia Política 2006 para facerse 'ciberpartido'

"Por vez primeira, as acreditacións, os documentos, as emendas e todas as demais achegas recolléronse a través de internet e non se xerou nin un só papel", gábanse no PSOE na presentación da súa nova "filosofía on line". Os socialistas queren aproveitar a súa Conferencia Política 2006 para poñer un punto de inflexión na súa aposta polas novas tecnoloxías "como medio de mellorar a comunicación cos cidadáns". O proxecto inclúe entre outros o novo portal PSOE.es, nova intrantet, un sistema de información para afiliados e simpatizantes, chats abertos onde participarán destacados dirixentes socialistas, foros de debate sobre asuntos de actualidade, a presentación dos weblogs de varios líderes do partido e como iniciativa estrela: a creación dun canal propio de televisión, iPSOE Tv, que emitirá a través de internet. O propio evento inclúe na axenda unha ciberfesta e un espazo para a presentación multimedia de proxectos tecnolóxicos de administracións lideradas polos socialistas.

- 08:32 13/09/2006
Tags:


0/5 (0 votos)