Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PEOR MOMENTO DO TEMPORAL SERÁ ENTRE AS 8 E AS 11

'Gordon' chega con pouca forza

Ou con menos da que se agardaba, aínda que xa se rexistran ventos fortes ou moi fortes nas illas atlánticas e nas zonas de montaña. Sen "ollo"e difuminado nunha borrasca está a chegar ás nosas costas o furacán Gordon, deixando ventos de 90 km por hora, con refachos de até 110, fortes choivas e ondas de até 5 metros no mar. O ciclón entrou polo corredor de Fisterra e a maior intensidade rexistrarase de 8 a 11 da mañá. Non parece pois que este temporal vaia producir máis problemas que calquera outro dos que se producen no inverno, mais as autoridades seguen a manter a alerta vermella: todo o ensino non universitario, así como as garderías e os centros de atención social, están pechados. Tamén se recomendou o amarre de toda a flota pesqueira e os tres aeroportos establecen medidas especiais de precaución. Os desprazamentos na estrada están desaconsellados e na rúa convén non camiñar preto das casas.

- 06:50 21/09/2006
Tags:

A Consellaría de Medio Rural puxo en marcha os dispositivos contraincendios para tender barreiras que eviten que a cinza que deixaron os lumes do verán se espalle co vento e contamine os ríos e o mar. As cuadrillas e motobombas que compoñerán estes equipos encargaranse de facer que as acumulen a menor cantidade de rrestos posíbel, e do mesmo xeito están alerta para desatascaren pontes ou pistas en caso de riadas ou caída de árbores.

Pola súa parte a Dirección Xeral de Protección Civil emitiu onte un informe no que se alerta deste adverso meteorolóxico e recomenda a adopción de distintas medidas de precaución e protección, que foi enviado a 793 entidades: todos os concellos, agrupacións de voluntarios, policías locais, Deputacións Provinciais, bombeiros das catro provincias, urxencias médicas, Administración Xeral do Estado (Delegación e Subdelegacións do Goberno, Garda Civil, Policía Nacional), Consellerías e outros organismos da Xunta de Galicia, empresas de servizos básicos (eléctricas, gas, auga, etc) e outras empresas, e organismos relacionados co mar, autoridades portuarias e clubes náuticos.

Entrada do outono
A novidade é que este cambio brusco se produce antes de que remate o verán -o outono non comeza até o 23 de setembro-, polo que aínda que as temperaturas máximas baixarán uns catro ou cinco graos as mínimas non cambiarán. Protección Civil xa ten postas en marcha as medidas preventivas e chaman os cidadáns a tomar medidas de autoprotección no mar e na terra.

Poden seguir a evolución do furacán na web do Centro de Predición de Furacáns do goberno norteamericano, e as predicións e comentarios dende o outro lado do Atlántico, no metsulBLOG.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: