Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMPLÍCASE A OPA DE E.ON

Acciona entra na poxa polo control de Endesa comprando o 10 por cento

Acciona sorprendeu onte pola tarde o mercado comprando o dez por cento de Endesa a un prezo de 32 euros por acción, nunha operación que financiou o Banco de Santander e que ascendeu a un total de 3.388 millóns de euros. A construtora madrileña non descarta ampliar esta participación ao 25 por cento, aínda que coa porcentaxe adquirida onte xa iguala a Caja Madrid como primeira accionista da eléctrica. Complícase así máis aínda o proceso o proceso de opas iniciado hai un ano por Gas Natural e que foi respondido máis tarde coa contraoferta da alemana E.ON, que cada vez ten máis difícil facerse co control de Endesa. Precisamente hoxe coñécese a resposta da Comisión Europea sobre as condicións impostas pola Comisión Nacional de Enerxía á empresa alemana, que poderían ser incompatíbeis coa lexislación comunitaria.

- 06:13 26/09/2006
Tags:


0/5 (0 votos)