Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TERRA GALEGA E A ALTERNATIVA

Novos espazos políticos no blogomillo

Xosé Luís Valcárcel, quen xa tentara buscar espazo político en anteriores comicios a través da formación Unidade Ourensá, será agora a imaxe dos cartaces de Terra Galega para a cidade das Burgas, onde paradoxalmente se presentou en público integrado nesta nova formación galeguista cun discurso en español. Na nova bitácora do gabinete de comunicación do partido poden atopar información sobre o acto. Contámoslles contámoslles da apertura doutro blog político, desta volta vencellado ao BNG e promovido desde a corrente bautizada a A Alternativa que muda cara a outra bitácora fornecida pola Blogoteca. Lembrámoslles que tamén inserido no BNG este luns preséntase ao público o espazo O Encontro Irmandiño, apadriñado por Xosé Manuel Beiras. No blogomillo poden ver o discurso de Láncara, tamén recollido en Vieiros, onde Beiras propoñía "un grande encontro irmandiño rexenerador desa cultura cívica e política".

- 12:34 09/10/2006
Tags:


Ligazóns

0/5 (0 votos)