Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DETIDA POR LEVAR MUNICIÓN DA EQUIPAXE

Ana María Ríos podería quedar en liberdade en tres días

A muller de Arcade que foi detida o pasado luns en Cancún cando volvía da lúa de mel por por suposta posesión de material explosivo podería saír en liberdade en tres días, segundo aseguran os seus avogados, que xa teñen preparados os argumentos para a defensa de Ana María Ríos, co apoio da diplomacia española. Estes baséanse en que Ana María Ríos non ten antecedentes penais e en que puido sufrir unha manipulación na equipaxe durante o tempo en que non o tivo da súa man.

- 07:47 13/10/2006
Tags:

As autoridades mexicanas non quixeron darlle a liberdade condicional, e a moza atópase na enfermería penitenciaria cunha crise nerviosa. Súa nai, que se desprazou a Cancún logo da detención, puido pasar a noite canda ela.

O xuíz federal imputoulle un "delito grave" logo de que a policía do aeroporto atopase na maleta de man de Ana María Ríos un detonados e varios cartuchos de distintos calibres. O cónsul español confía en que se acabe considerando unha "falta leve" e que a moza poida volver á casa pagando unha multa.

Tanto a defensa como a familia cren o caso podería ser resultado da actuación das mafias mexicanas, xa que non é a primeira vez que se dá. Mentres, as autoridades daquel país temen que este incidente poida botar para atrás o turismo procedente do Estado español.


0/5 (0 votos)