Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UNHA SEMANA DESPOIS DA SÚA DETENCIÓN

Liberada baixo fianza Ana María Ríos

A moza de Arcade que levaba unha semana detida en Cancún, acusada de presunta posesión de material explosivo, saiu en liberdade antes das 9h desta mañá (hora galega), logo de seren retirados parte dos cargos que se lle atribuían. A nova vén de avanzala a Radio Galega, que informa que o cónsul español e a nai da rapaza acompañárona esta mesma mañá na súa saída da prisión. O xuíz aceptou a retirada do cargo máis grave imputado, que era a posesión dun detonador de explosivos. Ao fío, desde Arxentina cóntannos da liberación da xornalista Alejandra Rey, de La Nación, tamén detida en Cancún ao atopárense na súa equipaxe varios quilos de cocaína. Non se descarta que o caso sexa unha intento de vinganza contra ela despois de que asinase unha información sobre o contrabando de droga na aeroliña Southern Winds.

  • Anterior: Ana María Ríos podería quedar en liberdade en tres días

- 09:42 16/10/2006
Tags:


0/5 (0 votos)