Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
DENTRO DO PROXECTO-EDICIÓN NO QUE PARTICIPAN TAMÉN ‘AS GAROTAS'

María Ruido pon en marcha Plan Rosebud: seminario no CGAC sobre as políticas da memoria

Plan Rosebud é un proxecto en marcha de María Ruido sobre documentalidades, lugares e políticas da memoria que se abre os días 20 e 21 de outubro cun no CGAC de Compostela cun seminario, Documentalidades 1, no que participan, entre outros, Xulio Prada, José Luis Castro de Paz, Xusto Beramendi e Helena López. O Proxecto-Edición, coorganizado polo CGAC, o MARCO e a Fundación Luís Seoane, inclúe once propostas creativas de María Ruido, As Garotas, os cataláns Julia Montilla, Amanda Cuesta e Francesc Ruiz e os galegos DSK, Camilo Franco ou Virxinia Polke.

- 18:02 18/10/2006
Tags:

Con Plan Rosebud María Ruido quere investigar as relacións entre os usos da historia e a revisión dos lugares de memoria desde o presente. Centrarase na xestión da memoria e a utilización do recordo da guerra civil e, de xeito especial, na permanencia da imaxe da contenda como referente do horror durante a Ditadura e a Transición. Seguindo a Paloma Aguilar, María Ruído defende que o recordo e a imaxe da guerra non só serviu de bastión lexitimador do réxime franquista senón que sufriu diversos cambios que aseguraron a permanencia do medo ao conflito fratricida. Para completar o proxecto farase un estudo comparativo da memoria da guerra no eixo atlántico, en Galiza e mais na Gran Bretaña. O proceso e os resultados exporanse en dous seminarios e dous vídeo-documentais.

Proxecto-Edición responde a unha concepción dinámica dos museos de arte contemporánea, que deixan de ser almacén e galería para converterse nun laboratorio creativo, unha 'axencia pública de produción de coñecemento', no que teñen lugar exposicións, seminarios, encontros, distribución e produción de arte. As actividades de 2006 teñen como eixe temático o futuro da actualidade.

Segundo consta na web oficial, As Garotas, o grupo de hiphop galego-barcelonés, elaborarán un libro de artista que recolla parte da súa produción de letras de cancións, poemas e interaccións textuais con outras garotas. Este material completarase cun proxecto de audio no que van explorar a súa vertente de vocalistas e os seus rexistros dramáticos. Este libro-audio, con locucións de Paola Beiro e con textos producidos e seleccionados por Sofía Tarela, suporá unha especie de libro de artista ou de caderno de bitácora destas dúas garotas de Ribeira que rapean, regueifan e cantan á verdade, ao pracer, á rabia e á vida intensa de cada día.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: