Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A TERCEIRA COMUNIDADE EN VOLUME DE VENDAS

Galiza move o 15.5% do 'comercio xusto' a nivel estatal

Só Cataluña e Madrid xuntan un volume de vendas de produtos comercializados no contorno do que se coñece como "comercio xusto" maior que Galiza. No conxunto do Estado, o 35.5% das compras son feitas polos cataláns, seguidos dos madrileños, co 20.3% e cos galegos a continuación, até un 15.5%, moi por diante da cuarta clasificada, Andalucía, que aparece co 9.3%. Este consumo solidario duplicouse nos últimos cinco anos, malia que a nivel estatal o investimento medio dun cidadán neste tipo de produtos queda en 348 euros por ano, lonxe da media da Unión Europea, que chega aos 2.318 euros. Son datos saídos do anuario O comercio xusto en España 2006, elaborado pola Federación de asociacións solidarias Setem,
representada en Galiza polo colectivo Amarante.

  • Anteriores: Solidariedade Internacional inicia unha campaña en Galiza para fomentar a equidade no comercio
  • Outra economía é posible

- 06:06 20/10/2006
Tags:


5/5 (1 votos)