Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PS ESCOLLE ESTE XOVES LÍDER PARA AS PRESIDENCIAIS

Ségolène Royal chega favorita á elección do candidato socialista en Francia

As últimas enquisas, antes de que 200 mil militantes decidan en Francia quen é o candidato do Partido Socialista, poñen por diante a Ségolène Royal, con máis da metade dos apoios. Atrás dela quedan Laurent Fabius, ex primeiro ministro, e Dominique Strauss-Kahn, ex ministro de Economía. Se ningún dos tres obtén maioría, haberá unha segunda volta o próximo 23 de novembro. No treito final desta campaña, Royal acusou aos seus rivais de falta de ética e machismo nas súas argumentacións, mentres estes tratan critican á favorita dicindo que representa un socialismo moi virado cara a dereita. Con probabilidade, o vencedor terá diante como líder da dereita francesa ao actual ministro de Interior, Nicolas Sarkozy. Máis en Le Monde e Libération.

- 09:23 15/11/2006
Tags:


0/5 (0 votos)