Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA FUNCIONARÁ A FINAIS DE 2007

Xunta e Fegamp consensúan un organismo que controlará o "uso racional do solo"

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística terá funcións de inspección e vixilancia urbanística sobre a edificación e uso do solo, tramitará expedientes de sanción e poderá requirir a anulación de licenzas urbanísticas contrarias á normativa, castigando infraccións e supervisando o restablecemento da legalidade. O detalle dos seus estatutos foi asinado este luns pola conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, e polo presidente da Fegamp e tamén alcalde de Lalín, Xosé Crespo. Ao fío Crespo recoñeceu que ao urbanismo até agora "prestábaselle pouca atención". "Para ter unha Galiza como a que queremos deixarlle a nosos fillos hai que actuar sobre ela", dixo Crespo.

  • Xunta e a Fegamp ultiman a posta en marcha da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

- 13:40 21/11/2006
Tags:


0/5 (0 votos)