Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FEBRE CREADORA

'Dandy Fever' , primeiro premio GZ Crea de Música

Xa se coñecen os gañadores da categoría musical de GZ Crea, certame de novos creadores convocado pola Dirección Xeral de Xuventude, dependente da Vicepresidencia da Xunta. Os vencedores foron o grupo de ska Dandy Fever, que chegaran á final cos seus temas Cara a min e Debulla meu. O segundo premio foi para a música electrónica de Telémaco e o terceiro para o rap de Os trasnos de Moscoso. Foron finalistas, ademais, Silvia Álvarez Baamonde, Moita Leria e Color Café. No blog A Regueifa pódense ver imaxes e vídeos das actuacións dos tres premiados, entre outros. Así foi a actuación de Dandy Fever:

- 12:52 22/11/2006
Tags:

Outras categorías de GZ Crea xa teñen gañadores. O 9 de novembro celebrouse en Vigo o desfile da categoría de moda, que tivo como gañadora a Lorena Rodríguez Blanco, a Saray Fernández Marques como segunda clasificada e a Carolina González García como terceira. O día 6 expuxeron as súas obras diante do público do Microfest 4, en Compostela, os finalistas da categoría graffiti, na que saíron premiados Javier Ramírez Troncoso, José Cousiño González e Pablo Silva Fernández. Os gañadores da especialidade fotografía, Iago Eireos Franco, Patricia Valverde Esteiro e Francisco José Miguens Ferro, recollerán os seus premios o día 24 ao mediodía na Casa da Xuventude de Ourense. Por outra banda, as seis obras de teatro finalistas representaranse do 28 ao 30 de novembro nos concellos de Arteixo e Carballo.

En artes plásticas, foron premiados María Marticorena Cabezas, Santiago Jiménez Jiménez e María Rodríguez Piñeiro. Os seus traballos pódense admirar na web de GZ Crea. Na categoría vídeo, recibiron os premios Carmen Yanira Heredia Vázquez, pola obra Paralelo; Carlos Seijo Canosa, con Elevation, e Roberto Conde Suárez, autor de Entrambosmundos. O 18 de decembro celebrarase no auditorio do centro cultural Caixanova de Vigo a gala final de entrega de premios GZ Crea 2006, na que se proxectará o primeiro premio de vídeo e se representará a obra de teatro gañadora.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: