Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REPENSAR A SOCIEDADE DE CONSUMO

Día sen compras... ou para outra compra posíbel

Ás portas do Nadal, coas tendas xa estimulando o desbaldimento e os petos preparados para quedaren sen un chico furado, diversos colectivos sociais convocan este venres o Día sen Compras. Unha oportunidade para a reflexión sobre as formas de consumo actuais e para animar á xente a apostar por un desenvolvemento económico futuro máis sustentábel. Poden ampliar sobre a campaña a nivel mundial en Adbusters e no ámbito estatal na web de Ecoloxistas en Acción. Nós, se queren caer na tentación do consumismo tamén neste día, recomendámoslles apostar por ir a algún estabelecemento de comercio xusto. Por exemplo, Solidariedade Internacional propón nas súas tendas e especialmente para estas festas, mercar deliciosas lambetadas de froitas elaboradas por pequenas cooperativas de labregos ás que apoia a aposta dos consumidores responsábeis.

  • Anterior: Galiza move o 15.5% do 'comercio xusto' a nivel estatal

- 13:26 24/11/2006
Tags:


0/5 (0 votos)