Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VIEIROS DA ESCOLA: MEMORIA DO 36

Profesorado galego exiliado arredor de 1936

Profesionais do ensino que tiveron que deixar o país.

- 12:31 04/12/2006
Tags:

Antonio Alonso Ríos
Logo de estudar na Escola Normal de Santiago, e de ser profesor auxiliar en tal Centro, marchou a América onde desempeñou funcións docentes e bibliotecarias, sendo alí impulsor en 1921 da "Federación de Sociedades Gallegas, Agrarias y Culturales", ao tempo que promotor de mobilizacións de conciencia demo­cráticas, republicanas e galeguistas. Volveu a Galicia no tempo da II República, sen­do director das Escolas dos emigrantes de Tomiño "La Aurora del Porvenir». Partici-pou intensamente en toda a mobilización política e social do momento, acadando en 1936 a acta de deputado. Conqueriu, con moito risco, exiliarse a América onde con-tinuou estas dinámicas ao longo de toda a súa vida, sendo personaxe fundamental na colectividade galega da Arxentina.

Gerardo Alvarez Gallego
Este mestre e filio do inspector Gerardo Álvarez Limeses, máis coñecido polo seu traballo periodístico en El Pueblo Gallego, desenvolveu logo esta actividade en La Habana, aínda que en distintos momentos escribiu sobre asuntos educativos referidos a Galicia e con coñecemento de causa, como puxo de mani­festo en "La escuela en Galicia o pedagogía de un dibujo", Galicia (Bos Aires: n° 330 de 1940.).

Nieves Alvarez González
Ourensá, nada en 1905. Mestra afiliada ao Partido Comu­nista, e directora dunha gardería en Barcelona durante a guerra. Exiliouse a Rusia, regresando en 1985.

Concepción Alvarez Pazo
Mestra de Pontevedra exiliada en México onde foi profe­sora do Colexio Madrid, fundado por exiliados. Regresou a Galicia e faleceu na Estra­da en 1980.

Antonio Baltar
Nado en Santiago en 1906, e formado en medicina en universidades europeas, foi profesor auxiliar de Histoloxía na universidade de Santiago. Ligado ao galeguismo exiliouse en 1936 en Arxentina onde desenvolveu moi importantes acti­vidades profesionais no campo médico, sendo tamén un dos fundadores (e presiden­te) da AGUEA (Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas).

Luis Bazal
Mestre membro da CNT en Verín. Exiliouse en Francia.

Jesús Bernárdez Gómez
Este redondelán, nado en 1915, mestre e membro de Izquier­da Republicana, foi director da escola marítima do Pósito de Pescadores de Redondela. Despois de loitar no exército republicano, exiliouse en México en 1939, onde seguiu desenvolvendo actividades políticas e sociais relevantes. Foi mestre do Colexio Ruíz de Alarcón e fundador do Colexio Madrid, sendo posteriormente profesor de matemáticas no Instituto Federal de Capacitación de Maxisterio e catedrático de análise alxebraica na Escola Normal Superior de México, sendo autor de prestixiosos libros de texto de matemáticas e de cadernos didácticos.

Plácido Castro del Rio
Nado en Cee en 1902 recibiu unha coidada formación en Glas­gow (Escocia), titulándose posteriormente en España como profesor de idiomas, sen­do secretario de relacións internacionais do Partido Galeguista. Encadeado e deporta­do durante a guerra civil, terminou marchando por propia vontade a Lisboa e logo a Inglaterra, onde traballou na BBC. Foi finalmente profesor de inglés no Instituto de Vilagarcía. Foi tradutor de textos literarios ao galego.

Isidoro Cid Rivo
Mestre vigués e destacado membro da FETE a quen atopamos no exilio no Uruguay (1938) con iniciativas de promoción da cultura galega, desde a súa pertenza como comunista á UGT e á Alianza Nacional Galega de Montevideo.

Alvaro Ma das Casas
Ourensán nado en 1901, que se doutorou en Filosofía e Letras en Madrid en 1922. En 1928 chegaría ao Instituto de Noia como catedrático de xeografía e historia. Publicista e galeguista que impulsou o movemento xuvenil galeguista "Ultreya", exiliouse en América, cunha maior permanencia en Bahia Blanca e logo na Arxentina, onde foi un dos fundadores da famosa editorial Emecé. Entre as súas numerosas obras están o Cancionero Popular Gallego (Santiago de Chile, 1939) e a Antología de Poetas Gallegos (Bos Aires, 1939). Regresou a España en 1950, desembarcando cadáver no porto de Barcelona.

Bieito Cupeiro
Naceu en 1914 en Barallobre (A Coruña), fixo os estudos de maxisterio e exerceu como mestre até a guerra civil exiliándose en Arxentina, onde participou intensamente nas iniciativas culturáis e políticas do galeguismo, sendo tamén profesor de historia de Galicia no Centro Galego de Bos Aires.

Rafael Dieste
Despois da súa intensa actividade como Director do "Museo del Pueblo" en Madrid e membro destacado das Misións Pedagóxicas, pasaría a exercer unha intensa acción cultural na Arxentina, entre a que destacou a súa acción editorial, tanto con relación á cultura galega, como con relación á arxentina. Neste caso foi grande animador, coa súa dona e inspectora de educación Carmen Muñoz Manzano, da Biblioteca Billiken da Editorial Atlántida de Bos Aires, un repertorio de máis de 50 obras da mellor literatura universal (desde Hornero a O. Wilde) presentadas para os nenos, nalgúns casos con ilustracións de Castelao e de Colmeiro. Un proxecto no que tamén participaría José O. Espasandín.

Antonio Fernández Pérez
Exerceu o maxisterio na comarca de Verín, radicouse logo na cidade arxentina de Mendoza, onde desenvolveu distintas actividades culturáis.

Francisco Giral
De orixe salmantina, foi catedrático de Química na Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago, exiliándose a México onde desenvolveu unha importantísima actividade científica, sendo tamén secretario da Xunta Directiva da "Unión de Profesionales Universitarios Españoles en el Extranjero".

Emilio González López
Foi catedrático de Dereito Penal en La Laguna, exercendo logo en Oviedo, Valencia e Barcelona. No exilio, foi profesor de linguas, literatura e historia de España no Hunter-College de Nova York, e na Escola Española do Midd-lebury College, e tamén director do programa de Doutorado en español do Centro Graduado da Universidade de Nova York, así como profesor visitante en distintas uni­versidades americanas, tendo desenvolvido ademáis un extenso labor de estudo e exposición da historia de Galicia, como amosan os extensos volumes publicados polas editoriais Galaxia, La Voz de Galicia e O Castro.

Sebastián González-García Paz
Desempeñou a cátedra de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela, ao tempo que era directivo do Seminario de Estudos Galegos. Pasará a exercer a docencia na Universidade de Porto Rico, onde foi Decano da súa Facultade de Humanidades en Río Piedras e creador e impulsor de moitas iniciativas: o Teatro Universitario, o Coro, a Sala de Exposicións, o Seminario de Estudos, o Museo da Universidade, un Centro de Escavacións Arqueolóxicas e o Centro de Ampliación de Estudos. Retornou a Pontevedra onde faleceu en 1967.

Ernesto Guerra da Cal (pseudónimo de Ernesto Pérez Guerra)
Nado en Ferrol en 1911, tiña colaborado en "La Barraca" de García Lorca. Desenvolveu logo a súa actividade nos EE.UU, fundamentalmente na Universidade de Columbia de Nova York, como catedrático de literatura portuguesa campo este onde realizou sempre unha forte actividade investigadora e publicística, pola que recibiu ademáis nomeamentos como doutor honorís causa en Brasil e en Portugal, morrendo en Lisboa en 1977.

Ignacio Herrero Fuentes
Nado en Pedrafita en 1909, fíxose mestre exercendo na esco­la de Tamallancos (Ourense), destacando polas súas actividades sindicáis no maxisterio e o seu republicanismo. Exiliouse na Habana e de alí pasou a Panamá onde levou a cabo actividades docentes en relación coa ensinanza das linguas.

Ramón Iglesias Parga
Traballou en Madrid no Corpo de Bibliotecarios e Arquiveiros, logo de ser -como exiliado- lector de español na universidade sueca de Gotemburgo, pasaría a ser profesor do "Colegio de Méjico" en México e máis tarde profesor ñas universidades de California, Illinois e Wisconsin, sendo autor de notábeis estudos históricos relacionados coa historia de América, así como tradutor de prestixiosos tex­tos históricos.

Xoán López Dura
Profesor de Dereito Administrativo na Universidade de Santiago de Compostela, e director da Sección de Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas do Seminario de Estudos Galegos, pasou a selo da Universidade de San Nicolás de Hidalgo, en Morelio (México), mantendo os contactos co galeguismo político no exilio, a través do Consello de Galiza e do Patronato de Cultura Galega de México, onde faleceu en 1973.

Eladio Marcos Rodríguez
Natural de Sober (Lugo), mestre de Santa Trega de Castro-Caldelas, destituido en 1936, terminaría exiliándose en Bos Aires en 1949 e até 1975.

Ramón Martínez López
Catedrático de Literatura Hispana no Instituto de Lugo e profesor en Lisboa do Curso de Literatura Comparada Hispano-Portuguesa e agregado cultural das Embaixadas españolas en Lisboa e en París, exiliouse a Arxentina onde exerceu como investigador do Instituto de Filoloxía da Universidade de Bos Aires. En 1940 trasladouse aos EE.UU., onde exerceu durante máis de 30 anos como catedrático de filoloxía española na Universidade de Austin-Texas, sendo profesor visi­tante noutras universidades, destacado membro de sociedades académicas e autor de traballos moi recoñecidos tamén relativos á historia literaria de Galicia. En Galicia, á súa volta, foi Presidente do refundado Seminario de Estudos Galegos e tamén do Partido Galeguista.

Pedro Martul Rey
Este catedrático de ensino medio, nado en Rodeiro en 1909, exiliouse en México en 1939 sendo director do Instituto hispano-mexicano Ruíz de Alarcón, o primeiro colexio que fundaron os exiliados en México, un centro no que tamén exerceron, entre outros, os irmáns Lois e Carlos Tobío, Jacinta Landa, a viúva de Xoán V. Viqueira, Uxío Souto Campos, Xesús Dopico Barreiro e Marcial Fernández Vázquez. A fins dos anos 40 retornou a Galicia. Faleceu en Santiago en 1982.

Xesús Mejuto Vázquez
Mestre e xornalista coruñés. Exerceu nas escolas primarias de Sésamo e Celas de Pereiro; traballou na redacción de El Noroeste, vinculado ao Partido Republicano Radical Socialista. Masón, que desde 1934 pertenceu a Unión Republicana. Logo de preso, puido exiliarse en Cuba, onde exerceu a docencia.

Xosé Núñez Búa
Foi director do Colexio León XIII de Vilagarcía, e un dos fundadores do Partido Galeguista, exiliouse en Bos Aires, onde foi promotor do "Instituto Argentino de Cultura Gallega" e Secretario da Agrupación Galega de Universitarios, Escritores e Artistas, entre outras actividades político-culturais.

Bibiano Ossorio y Tafall
Catedrático de Ciencias Naturais no Instituto de Ponte­vedra, alcalde da cidade, presidente da Deputación, e Presidente do Comité Central da Autonomía de Galicia, ademáis de Comisario Xeral de Defensa da República, desenvolveu no exilio unha intensa actividade académica e científica en México, e realizou asemade actividades de carácter político, como director da FAO en diversos centros da ONU, sendo recoñecido, en particular, como profesor do Centro de Estudos Internacionais do Colexio de México e como membro do Consello de Administración do Institu­to das Nacións Unidas para a Investigación e a Formación Profesional.

Xosé Otero Espasandín
Nado en Cerdedo (Pontevedra) en 1900, exerceu como mestre no Pósito de Pescadores en Santa Uxía de Ribeira, foi alumno da Escola Superior de Maxisterio en Madrid e que traballou no Museo de Ciencias. Viuse na obriga de exiliarse, pasando por Francia e por Inglaterra, até instalarse en Bos Aires, onde desde a Editorial Atlántida desenvolveu un amplísimo traballo como tradutor, ensaísta, autor de obras de divulgación científica e doutras sobre as civilizacións anti­gas e clásicas, abondosamente estudadas e lidas por escolares e lectores arxentinos de toda condición. Só para a colección "Ouro" fixo uns vinte volumes como La civilización del Nilo, La Grecia clásica ou Los seres microscópicos, escritos sempre nunha coidada prosa. En 1947 pasou a ser director do Departamento de Español no College de Waynesbur (Pensilvania, EEUU), chegando a ser editor e corrector de estilo do Boletín da Organización Mundial da Saúde. Morreu nos Estados Unidos.

Hernando Poza Juncal e Laureano Poza Juncal
Insertos na tradición republicana, libe­ral e laicista escolar pontevedresa, a través da escola laica de Pontevedra, dos centros "Escuela Moderna" e "Escuela Nueva" de Pontevedra, e da Escuela-Hospital-Asilo potenciada polos emigrantes de Lalín (tendo sido ademáis Hernán Poza Juncal, Direc­tor da Escola de Maxisterio pontevedresa) víronse forzados a emigrar: Hernán a EE.UU., onde foi profesor do Brooklin College de Nova York, e Laureano (que fora ademáis profesor de Física e Química no Instituto de Vigo) a México, onde foi pro­fesor da Academia Hispano-Mexicana e tamén da Escola Normal Superior da UNAM.

Alexandre Raimúndez Fernández
Catedrático de Xeografía da Escola Superior de Comercio de Barcelona, exiliouse en Londres, traballando nos estudos de radio da BBC, desde onde se lanzou en 1947 a primeira emisión continuada dun programa radiofónico en lingua galega.

Fernando Rico Galán e Vítor Rico Galán
Naturais de Ferrol, foron no exilio mexicano profeso­res da UNAM pertencendo o primeiro á Comisión de Novos Métodos de Enseñanza da Universidade, e o segundo á Escola de Economía.

Vítor Rico González
Este ferrolán nado en 1900 exiliouse en México, onde foi profe­sor da UNAM e da Escola Superior de Maxisterio, sendo tamén secretario do Consello Editorial da Universidade. Alí morreu en 1950.

José Rodríguez Vázquez
Mestre, alcalde de Teo (A Coruña) e membro do Partido Galeguista desde 1932, despois de pasar pola cadea exiliouse na Arxentina onde levou a cabo diversas actividades culturáis.

Xosé Rubia Barcia
Galego e profesor do Instituto Ganivet e da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Granada, exiliouse, sendo profesor da Universidade de La Habana entre 1939 e 1943, así como tamén director da Academia de Artes Dramáti­cas e impulsor da "Escuela Libre de La Habana" da que así mesmo foron profesores Xoán López Dura, Concha Albornoz (a filla de Don Alvaro) e Xesús Vázquez Gayoso. En 1943 pasou aos EE.UU., como profesor do departamento de linguas romances da Universidade de Princeton e posteriormente como catedrático da Universidade de California, acadando un gran prestixio no campo lingüístico e literario.

Leandro Santamaría
Nado en Fonsagrada en 1916, fixo estudos de Filosofía e Letras en Madrid, onde combateu pola República. De Francia pasou á Habana e posteriormente aos Estados Unidos, como profesor de español do Douglas College de Nova Jersey, onde morreu.

Luis Soto Fernández
Un dos máis destacados líderes da FETE de Galicia, logo de refuxiarse en Portugal incorporaríase desde Francia ao exército da República chegando a dirixir desde Valencia o xornal El Magisterio Español; posteriormente acompañou a Castelao como secretario e colaborador no seu percorrido americano en defensa dos intereses da II República, ao tempo que realizaba diversas actividades como directivo da "Solidaridade Galega Antifeixista" e membro das "Milicias de Cultura". Perdida a causa republicana trasladouse a México onde creou o Lar Galego en 1939, foi Secretario Xeral do Padroado de Cultura Galega de México, mantivo unha emisión de radio en galego durante dúas décadas, e foi un dos iniciadores da Alianza Nacional Galega (1941). No campo profesional, Luis Soto foi profesor da Escola Comercial e Industrial n° 6 de México e un dos directivos da FETE española en México, sendo en calidade de tal membro da Executiva Internacional dos Traballadores do Ensino (ITE), que agrupaba a moitas organizacións sindicáis do profesorado de todo o mundo, desenvolvendo unha intensa e fecun­da actividade organizativa durante mohos anos.

Arturo Souto Feijoo
Coñecido pintor galego que puxera a súa arte ao servizo da cau­sa republicana, exerceu durante algún tempo como profesor de literatura española na UNAM, e como profesor de actividades artísticas no Instituto Luis Vives de México.

Lois Tobío Fernández
Foi profesor de Dereito Penal na Universidade de Santia­go. No seu exilio político por EE.UU., Cuba e México entre as súas diversas activida­des, moitas délas directamente vinculadas á acción política, tamén desenvolveu algunhas de carácter docente no campo do dereito político en diversas universidades, tendo sido tamén profesor da Escola Libre de La Habana, e do Colexio Ruiz Alarcón en México. Volveu a España, instalándose en Madrid, onde morreu no 2003, logo de desenvolver unha intensa actividade intelectual.

Ángeles Tobío Fernández
Esta licenciada en Filosofía e Letras exiliouse en México, co seu marido Pedro Martul, co que tamén compartiu docencia no Instituto hispano-mexicano Ruiz de Alarcón.

Ramón Valenzuela Otero
Nado en Bandeira en 1914 estudou maxisterio en Ponteve­dra e Filosofía e Letras na universidade de Santiago. Despois de loitar cos republica­nos e de pasar por un campo de concentración de Franco foi entregado as autorida­des franquistas sendo condenado a morte, pena posteriormente conmutada. En 1949 exiliouse na Arxentina, onde desenvolveu actividades docentes e culturáis entre as diversas institucións galeguistas. Regresou a España no ano 1966 instalándose en Madrid, onde continuou desenvolvendo esas mesmas actividades, sen descoidar outras de índole literaria.

Antonio Vázquez Rey
Este director da Escola Graduada de Pontecesures e membro do PSOE, logo de estar preso, exiliouse na Arxentina, até a súa morte.

José Vieitez de Soto
Nado en Celanova e afiliado a Izquierda Republicana, este mestre de Magán (Curtís), logo de pasar pola cadea, exiliouse na Arxentina.

Carlos Velo
Dirixente da FUE, destacado activista das Misións Pedagóxicas e profesor de bioloxía na Universidade de Madrid, foi no seu exilio mexicano profesor de Bioloxía no Colexio Madrid e no Instituto Politécnico Nacional, denantes de ser direc­tor da Escola de Cinematografía, onde desenvolveu un traballo de extraordinario alcance.

Xosé Velo Mosquera
Nado en Celanova en 1910, onde participou con Celso Emilio Ferreiro na constitución das Mocedades Galeguistas, comezou a traballar logo da gue­rra como mestre particular na súa vila. Estivo preso polas súas actividades políticas clandestinas e logo de diversas incidencias decidiu exiliarse en Venezula. En Caracas abriu en 1949 a Academia Orto de ensino, ademais de participar alí en diversas actividades políticas e galeguistas. Morreu en Sao Paulo en 1972.

Alberto Vilanova Rodríguez
Este ourensán nado en 1910, logo de realizar estudos de maxisterio, fixo os de dereito e filosofía e letras, chegando a gozar dunha bolsa de estu­dos para a universidade de Friburgo, que non puido disfrutar a causa da guerra. Dedicouse ao ensino privado en Galicia exiliándose finalmente na Arxentina, onde foi pro­fesor de lingua e literatura galaico-portuguesa na Universidade de La Plata. Alí colaborou en moi numerosas actividades en relación coa cultura galega, elaborando ao mesmo tempo textos de fundamental importancia como, por exemplo, Los gallegos en La Argentina.

León Virgós Guren
Foi un dos seis catedráticos destituidos en 1936 na universidade de Santiago, tomando este o camino do exilio para a Arxentina.

Convén sinalar que outros destacadísimos profesionais exiliados e con vinculacións educativas teñen sido:

-Salvador de Madariaga, profesor de literatura española na Universidade de Oxford.
-Francisco Vázquez Díaz, escultor compostelán, que foi profesor da Escola de Artes e Oficios Artísticos da Universidade de Porto Rico.
-Manuel Celso Garrido, exiliado na Arxentina e en Chile.
-Xosé Almoina Mateos, que exercera a súa docencia en centros superiores de Santo Domingo
-Xesús Bal e Gay, folclorista e profesor do Instituto Nacional de Belas Artes de México.
-Isabel Bernárdez Gómez, mestra redondelá, así como o seu irmán Telmo Bernárdez, que fora mestre en Lerez, Bueu e Mos.
-Xose M. Bourio Fernández, profesor do Instituto lucense
-María Bouzas Pérez, mestra que se exiliou en México.
-Pedro Couceiro Corral, profesor da Faculta­le de Ciencias en Santiago.
-Benito Guitián, mestre exiliado en México.
-Pilar de Madariaga, profesora de español en Nova York.
-Manuel Martínez Risco e Macias, científico e profesor universitario, profesor no exilio do Centro de Investigacións Científicas de París.
-Xusto Nogueira, que traballou como mestre en terras rusas.
-Lino Novas Calvo, que exerceu como profesor universitario en Syracuse (Nova York).
O profesor de xinecoloxía Alejandro Otero, que pasou da Universidade de Madrid á de México.
O tamén profesor de Medicina Sánchez Guisande, un dos médicos que coidaría ha sáude de Castelao antes de morrer.
O axudante da facultade madrileña de leis Xesús Vázquez Gaioso, logo profesor universitario sucesivamente en La habana, Panamá e Caracas.
-Os mestres exiliados en México Leopoldo Vidal e Celso Vila Rodríguez.
-Carmen Viqueira Landa, a filla de Xohán Vicente Viqueira e de Jacinta Landa, que se exiliou en México coas súas fillas.

Ademais é oportuno facer un memorando de aqueles que, sen ser galegos, en Galicia exercían a súa actuación docente, tal como foi o caso de Regina Lago García, profesora da Escola Normal de Lugo; de Florentino Martínez Torner, musicólogo asturiano e profesor da Escola Normal de A Coruña, que aínda publicou parte dos seus traballos didácticos na editorial Losada de Bos Aires. De Jóse Peinado Altabre, inspector do ensino primario na Coruña e investigador no campo da psicopedagoxía.


3/5 (1 votos)