Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NON QUERE UN "ESTATUTO FOTOCOPIA" DO CATALÁN

Feijoo advirte que Galiza "non pode ser considerada unha nación" sen modificar a Constitución

Galiza "non debe ter complexo de inferioridade cara a outras Comunidades Autónomas". Son palabras do presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, en referencia ás declaracións de Quintana nas que esixe que o novo Estatuto galego non estea "nin un milímetro" por debaixo do catalán. Nunha entrevista realizada pola axencia EFE, o líder da oposición asegura que asistirá a xuntanza do próximo mércores convencido de que Galiza "non pode ser considerada unha nación, mentres non se modifique a Constitución". Feijoo asegura que irá á reunión cos "intereses" de Galiza "por enriba de todo", pero advirte que se o PSOE e BNG queren un "Estatuto fotocopia (do de Cataluña) é o seu problema".

- 12:30 14/01/2007
Tags:


0/5 (0 votos)