Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TRAS SEIS HORAS E MEDIA DE REUNIÓN, GALIZA NON SERÁ NACIÓN

Crónica dun desacordo

"Non hai e non poderá haber acordo até que a situación política non mude". A sentenza, pronunciada por Anxo Quintana, subscrita explicitamente por Emilio Pérez Touriño, e implicitamente asumida por Alberte Núñez Feijoo, resume a perfección o presente e o futuro da reforma do Estatuto de Galiza. Seis horas e media de reunión serviron para constatar o que moitos xa agardaban, bastantes temían e algúns arelaban.

- 10:53 18/01/2007
Tags:

O clima político que se está a vivir no Estado español foi, sen dúbida, o principal e máis grande obstáculo para acadar un acordo na reforma do Estatuto. Non está o forno para bolos en Madrid como para que o PPdeG e Alberte Núñez Feixoó acepten un texto que identifique a Galiza como nación, por moi ambigua que fose a proposta de Touriño (apoiada por Quintana con matices). O popular, que compareceu segundo na conferencia de prensa tras un visíbelmente abatido Quintana, afrontou as preguntas dos xornalistas acreditados en Monte Pío coa confianza do que ten os deberes feitos. "Teño a conciencia moi tranquila coa proposta plantexada polo meu partido", comentou nun momento da súa intervención, deixando entrever unha máis que evidente sensación de alivio.

Pérez Touriño, no papel de Presidente da Xunta e de todos os galegos, realizou un discurso conciliador. "Hoxe é un día negativo para Galiza", declarou, e agradeceu o esforzo realizado por Quintana e Feijoo "tanto polo intenso traballo realizado" como pola súa "dispoñibilidade" para o debate. Touriño optou por salientar as partes máis positivas da xuntanza. Así, manifestou que nesta houbo "avances significativos" e, malia recalcar que "se perde unha oportunidade moi importante", quixo deixar constancia da "determinación e intención" dos tres participantes para elaborar un novo Estatuto. Iso si, "á espera dun momento político máis favorábel".

Anxo Quintana non deixaba lugar a segundas interpretacións. "Máis importante que ter un Estatuto de Nación é que esteamos dispostos a comportarnos como Nación", declarou medianamente enoxado. Se Feijoo representaba o alivio e Touriño o optimismo, Quintana era a viva imaxe da impotencia. A súa entrada na sala de prensa, con andar decepcionado, presaxiaba ás súas primeiras palabras: "Intentámolo, pero non puido ser".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: