Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
XOÁN MONTERO, CON 'O BANQUEIRO ANARQUISTA' E EKATERINA GUERBEK, CON 'DIARIO DUN TOLO'

Empate no premio de tradución Plácido Castro

Xoán Montero e Ekaterina Guerbek recibiron ex aequo o sexto premio de tradución Plácido Castro 2006, que concede a fundación homónima do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), coa colaboración da Asociación de Tradutores Galegos, a Real Academia Galega e o Departamento de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo. A tradución d'O banqueiro anarquista, de Fernando Pessoa, que levou a cabo Xoán Montero, e a de Diario dun tolo, de Nikolai Vasílievich, que fixo Ekaterina Guerbek coa revisión de Maite Veiga, foron recoñecidos polo xurado, que emitiu o seu fallo o sábado 20 no concello de Baiona.

- 12:42 22/01/2007
Tags:

Así mesmo, recibiu un accésit o traballo de José García Mayoralas, tradutor d'Os fantasmas, de Michèle Perron-Borelli, pola súa contribución na divulgación da psicanálise.O obxectivo do premio foi destacar a calidade das traducións de obras da literatura universal que se ofrecen na web da Biblioteca Virtual Bivir, coa finalidade de contribuír á normalización lingüística do país e enriquecer o universo literario galego. Tanto as traducións gañadoras coma o resto das candidatas pódense ler en formato PDF nese portal.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: