Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MORREN OUTRAS CEN PERSOAS EN IRAQ

Os EUA agardan as novas ideas de Bush

A sombra de Iraq, onde as explosións das últimas horas causaron outro cento de mortes, estará este martes por baixo do discurso sobre o "estado da unión" que pronunciará o presidente estadounidense. George W.Bush teimará en defender, diante dunha maioría demócrata nas dúas cámaras, o envío de máis soldados a Iraq, pero á vez e segundo avance da Casa Branca, levará outros asuntos a primeiro plano, como a sanidade e as políticas enerxéticas. Mentres, desde California, o gobernador republicano Arnold Schwarzenegger propón unha iniciativa que rexeita o seu partido no resto do país: a universalización do seguro médico para todos os cidadáns, que lle daría cobertura sanitaria a case sete millóns de californianos que non a teñen. Máis no Washington Post e Los Angeles Times.

- 08:02 23/01/2007
Tags:


0/5 (0 votos)