Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PXOM PRETENDE AÍNDA 13.500 VIVENDAS MÁIS

O 10% dos pisos pontevedreses baleiros está en Sanxenxo

"Se as familias renunciasen a vivir xuntas, o municipio tería para ofrecerlle á xente empadroada case unha vivenda por cada habitante". Así ironizan desde o colectivo Salvemos Sanxenxo sobre a elevada presión urbanística que sofre o concello. Na súa bitácora fan unha escolma de cifras vencelladas, indicando por exemplo que na franxa dos 150 a 500 metros desde a costa está prevista a construción de máis de dúas mil vivendas.

- 10:10 29/01/2007
Tags:

"Das 13.585 residencias que se construíron no concello, só 4.719 teñen moradores habituais", recolle o blog de Salvemos Sanxenxo, "Só 1.875 figuran como pisos de segunda residencia. Os 6.991 restantes son vivendas que contribúen a inflar o mercado especulativo do chan, segundo os expertos".

Recordan tamén que a débeda do Concello chegaba na altura do pasado mes de maio ao 93.5% sobre o orzamento total, lembrando que o límite permitido por lei é do 110%. Ao respecto indican que se se computase a maiores a débeda da sociedade mercantil Nauta, con capital cento por cento municipal, a débeda chimparía ao 108%.


Ligazóns

0/5 (0 votos)