Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS GALEGOS TAMÉN APAGARON A LUZ

Ás escuras polo planeta

Esta quinta feira entre as 19h55 e as 20h, cidadáns en todo o planeta sumáronse ao "gran apagón". Apenas cinco minutos de desconexión que queren axudar a que o cambio climático gañe espazo entre as prioridades políticas. En Galiza, e alén das convocatorias de diversos colectivos sociais, a última hora a propia Xunta apoiou oficialmente a convocatoria, apagando as luces das súas instalacións centrais e das delegacións, e aproveitando para lembrar que "o goberno galego tamén ten un plan de acción contra o cambio climático". Por outra parte, nas caixas de correo asoma unha nova convocatoria: un "apagón" de teléfonos para o próximo día 1 de marzo, en protesta polo incremento das taxas para as chamadas da telefonía móbil.

- 19:41 01/02/2007
Tags:

A convocatoria para un mundo "cinco minutos ás escuras", está promovida polo grupo Alianza polo Planeta, e quere facer coincidir esta acción coordinada a nivel mundial coa publicación en París dun novo informe fornecido polas Nacións Unidas onde expertos de todo o planeta reflexionan sobre os desafíos do cambio climático.

Por outro lado, contámoslles tamén que outra campaña de loita contra o cambio climático, a promovida polo colectivo Global Cool, usará un poema inédito escrito e gravado en 1971 por Jim Morrison, líder do grupo musical The Doors, e que se recompuxo para a ocasión.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: