Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DÍA DA CANDELORIA

Vai medio inverno fóra e casan os paxariños

O 2 de febreiro é unha data clave no noso calendario: disque "cando a Candeloria chora, vai medio inverno fóra, e cando a Candeloria ri, medio inverno está por vir". Así que xa saben: segundo o tempo que faga nesta data de cambio, poderemos facernos unha idea do que resta de inverno. É o día no que "casan os paxariños", remata a xaneira, e os animais en xeral comezan a tempada de apareamento, con vistas á cría na primavera. O Imbolc celta cristianizouse levando candeas á igrexa para que fosen benditas, con ese carácter ritual que ten o lume na nosa cultura. Coas candeas acesas espántanse as tormentas e encoméndase a alma de quen sofre a agonía. O día despois do apagón, paradoxalmente, é a festa das luces en Oseiro, Becerreá, Cervo, Meaño, O Rosal e Cedeira. E mañá aínda vén o San Brais: "hora e media máis"... De luz.

- 11:39 02/02/2007
Tags:


0/5 (0 votos)