Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REFORMA DO CONSELLO CONSULTIVO

Pensión extra para os ex-presidentes

Alén das que no seu caso sexan as súas ocupacións particulares, os ex-presidentes da Xunta ingresarán durante doce anos máis de cinco mil euros cada mes, até un máximo de 68 mil anualmente, e durante doce anos, unha vez que se aprobe a reforma lexislativa deseñada polo actual goberno. O proxecto, que pasa a integralos no Consello Consultivo, causou o malestar do grupo parlamentario do BNG, que critica que nin desde o PSdeG nin desde a Consellaría de Presidencia se lles consultase sobre a iniciativa.

- 08:00 07/02/2007
Tags:

De "solución digna" cualificou o conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu, a proposta de reforma presentada, que na súa opinión garantirá que os ex-presidentes lle poidan "ofrecer o seu coñecemento" ao goberno galego, que poderá aproveitar a súa "experiencia e bagaxe intelectual". Citou ao respecto o sistema estabelecido no Consello do Estado, onde os ex-presidentes do goberno español teñen dereito a formar parte con carácter vitalicio.

A modificación lexislativa permitirá que os ex-presidentes galegos sexan membros natos do Consello Consultivo, que ten funcións de asesoría da administración e que na actualidade está integrado por cinco membros escollidos polo presidente da Xunta. Xerardo Fernández Albor, Fernando González Laxe e Manuel Fraga, integrarán este órgano durante doce anos, cunha retribución anual de 68 mil euros.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: