Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SOLIDARIEDADE CO HISTORIADOR DIONISIO PEREIRA GONZÁLEZ

Pola súa Liberdade de Expresión e o noso Dereito á Verdade

A transición á democracia, que escomenzou coa morte de quen encabezara o golpe fascista que puxera fin a Iiª República, non rematou coa entrada en vigor da vixente Constitución nin coa sucesión de eleccións e relevos en gobernos (central e autonómicos) e outras institucións. A ferida provocada polo levantamento franquista segue aberta, porque aquel proceso que nos quixeron vender como exemplar non foi máis que un intercambio forzado nunha situación de clara desigualdade. Os resortes do poder seguían nas mans dos franquistas: eles pretendían obter unha cláusula de impunidade mediante o noso silencio, a cambio de poder exercer as liberdades públicas máis ou menos recurtadas.

- 20:06 15/02/2007
Tags:

Pero aquel medo que durante os anos da ditadura pechaba as bocas, non podía por sempre seguir sendo o parapeto protector dos verdugos e dos seus fillos biolóxicos e ideolóxicos. Co paso do tempo, agromou na conciencia colectiva a necesidade de botar luz sobre os arrepiantes acontecementos que comezaran coa Guerra Civil e aínda hoxe rebrotan. Neste punto, a Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes "Verbo Xido", que forma parte do colectivo "Sinhor Afranio", implícase na tarefa de colaborar con quen investiga para sacar á luz todo aquilo que nos quixeron agochar.

Para honrar a cantos cerdedenses foron asasinados ou sofriron a represión de calquera xeito por defender os dereitos individuais e colectivos e á República,
levamos a cabo a instalación dun monumento na Ponte do Barco (Pedre) na lembranza de dous canteiros asasinados naquel lugar; apoiamos unha iniciativa do
BNG, aprobada unanimemente pola Corporación municipal de Cerdedo, de honrar a todas as vítimas da contenda sen distinción con outro monumento –algo que, pasados varios anos, o Concello aínda non puxo en práctica- ; homenaxeamos a un ilustre exilado fillo da nosa terra, Xosé Otero Espasandín; dedicámoslle a edición das Xornadas "Terra de Tod@s" de 2006 á recuperación da memoria da represión franquista e nela percorremos un roteiro dos lugares da memoria e participamos na edición dun libro, titulado A IIª República e a represión franquista en Cerdedo, escrito por Dionisio Pereira.

Tamén aplaudimos a decisión unànime da Corporación, tomada en abril de 2006, de retirar a rúa dedicada a un ex alcalde franquista, Manuel Gutiérrez, e advertimos do perigo que supuña outro acordo tomado en nadal do mesmo ano polo que, tan só cos votos do PP, revogaba o anterior, provocando o sanguento paradoxo de que un sistema que se quere democrático honre a quen participou no seu esfarelamento.

En pleno retroceso ás cavernas da historia, o atentado contra o monumento de Pedre serviu para advertir dalgo que nós xa sabiamos: os herdeiros do "Caudillo" non se resignan e acontecementos como o protagonizado polo Concello de Cerdedo sérvenlles de combustible.

No entanto, quédanos a forza da palabra e a fortaleza que nos dá saber que defendemos unha causa xusta. Todos escoitamos en voz baixa os nomes dos represores, sabemos de propiedades que cambiaron de donos a punta de pistola e a golpe de multas, de violacións, de testemuñas de asasinatos e de torturas. Co paso dos anos foron morrendo case todos, pero a verdade dos feitos é a mesma. Aos historiadores e historiadoras correspóndelles plasmala en libros e outras
publicacións, e así contribuír á tarefa de cicatrizar unha ferida que aínda está aberta, para que a Guerra e a represión se convertan nun capítulo da historia do
que apender para que non se repita.

Pero mentres que por escribir nun papel uns nomes, que foron mil veces pronunciados en voz baixa polas vítimas da barbarie e que se sinalan como presuntamente vencellados á represión, alguén poida ser procesado, como acontece con Dionísio Pereira pola frase contida no devandito libro, "Verbo Xido" dará un paso para expresar publicamente o seu respaldo, ó tempo que solicita o de todos aqueles colectivos e persoas que traballan polos mesmos obxectivos liberadores e defendan que a palabra nin mata nin fere.

¡Pola liberdade de expresión!

En Cerdedo, a 11 de febreiro de 2007

Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes "Verbo Xido"
Apoian o manifesto en apoio de Dionísio Pereira e a liberdade de Expresión:

* Asociación Amigos da República (Ourense)
* Asociación Cultural Comisión Pola Memoria "Siñor Afranio"
(Deza-Tabeirós-Montes-Cuntis-Cotobade)
* Asociación Cultural "O Fervedoiro" (Cuntis)
* Asociación Cultural "O Naranxo" (Lalín)
* Asociación Galega de Historiadores (Santiago)
* Asociación Memoria Histórica Democrática (Ferrol)
* Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo (Lugo)
* Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica "A Oliveira" (Teo)
* Asociación Cultural "Sine Nómine"
* Ateneo Republicano do Barco de Valdeorras
* Batzarre (Navarra)
* Comisión Cidadá pola Verdade do 36 (Baixo Miño)
* Comisión pola Memoria Histórica (Vilagarcía de Arousa)
* Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (A Coruña)
* Comisión "Volta dos Nove" (Baiona)
* Corrente Vermella
* Instituto Estudos Miñoranos (Gondomar)
* Movemento polos Dereitos Civís
* "Murguía", Revista Galega de Historia (Santiago)
* "Os nomes, as voces, os lugares"
* Pallas@s en rebeldía
* Redes Escarlata
* Sección sindical Solidaridad Obrera Oceanográfico Santander
* "Sempre con vós" Cidadanía pola Verdade (Pontevedra)
* Solidaridad Obrera Cantabria
* Txinparta Kultur Elkartea (Navarra)

Persoas que dende 10/2/2007 teñen amosado o seu apoio ao historiador Dionísio Pereira e ao comunicado emitido pola Asociación "Verbo Xido"

Aitor Rivas (Redes Escarlata)
Alberte Pagán (profesor e escritor, Porto do Son)
Alberte Reboreda (arqueólogo)
Alejandro Álvarez del Álamo
Alexander Schmuck (profesor, Renania-Palatinado)
Alfredo Ferreiro (escritor, A Coruña)
Alfredo González Ruibal (escritor e arqueólogo-Stanford-USA)
Amalia Collazo (Comisión pola Memoria do 36 Vigo, Vigo)
Amelia Gamoneda Lanza
Andrés Dacosta Paz (historiador-Raxó)
ÁngelCerviño
Antón Caeiro Rodríguez (Audiovisual, Gondomar)
Antón Costa Rico (profesor e escritor, Nova Escola Galega, Compostela)
Antón Dobao (escritor, guionista e traductor TVG, Teo)
Antón Santamarina (catedrático da USC e académico da RAG, Santiago)
Antonio Araúxo Quintas (BNG Gondomar e deputado)
Antonio Ortiz (profesor e escritor)
Anxo Angueira (escritor e profesor-Vigo)
Anxo Louzao (profesor, secretario nacional CIG Ensino, Compostela)
Anxos Giráldez Rivero (mestra, Dena)
Arturo Casas Vales (Asociación "O Naranxo"-Lalín)
Aurora Marco (profesora e escritora)
Begoña Maceiras (historiador, París)
Bernardo Máiz Vázquez (profesor e escritor, Ferrol)
Bieito Alonso (profesor e escritor, Tui)
Bieito Lobeira (coordenador do grupo parlamentario BNG)
Braulio Amaro Caamaño (profesor, Vigo)
Carlos Manuel Callón Torres (Presidente Mesa pola Normalización Lingüística, Compostela)
Carlos Méixome (Historiador, Gondomar)
Carlos Ríos Vilaboa (Traballador, Pontevedra)
Carlos Solla Varela (profesor e escritor, Cerdedo)
Carlos Taibo (profesor e escritor-Madrid)
Carme Vidal (xornalista, Compostela)
Carmen Blanco (profesora e escritora, Lugo)
Claudio Rodríguez Fer (profesor e escritor, Lugo)
Constantino González Barros (profesor xubilado, Soutelo de Montes)
Chus Costoia (Libreira-Compostela)
Chus Pato (profesora e escritora, Lalín)
David Cortón (profesor e escritor, Ourense)
Diego Magariños González (Cuntis)
Diego Varela (Traballador, Compostela)
Dolores Cabra (secretaria Archivo Guerra y Exilio-Madrid)
Dolores Vieites Torreiro (funcionaria da USC e escritora, Compostela)
Domingos Ántón García Fernández (profesor e escritor, Aula Castelao de Filosofía, Pontevedra)
Eduardo Álvarez (profesor-Oleiros)
Eliseo Fernández (Administrativo e escritor, Ferrol)
Elixio Villaverde (escritor e profesor-Teo)
Eloisa Otero (xornalista)
Elvira Ribeiro (escritora, Pontevedra)
Enrique Albor Rodríguez
Enrique Pereira (secretario de Relaciones Internacionales de la Unión Cívica Radical, descendente de galegos exilados, Paraná, República Arxentina)
Esther Trashorras López (profesora)
Eugenio Otero Urtaza (profesor e escritor, Pontevedra)
Félix García Yáñez (xornalista e historiador, O Barco de Valdeorras)
Fernando Sanz Santacruz
Fernando Souto Suárez (Traballador de Seguros, Comisión Recuperación Memoria Histórica A Coruña)
Francisco Fernández Rei (catedrático da USC e académico da RAG, Teo)
Francisco Viétez (Productora Nordesía- Soutelo de Montes)
Francisco Xavier Redondo Abal (profesor e escritor, Compostela)
Francisco Xosé Fernández Naval (escritor e funcionario, A Coruña)
Gonzalo Amoedo López (funcionario municipal e historiador-Redondela)
Horacio Vixande (Xornalista-Vigo)
Iago Barros Minhons (responsável comunicacións AGIR)
Iago Castro (Redes Escarlata-Vigo)
Isidro Mariño (patrón de barco e empresario, Dena)
Iván Prado (Coper@activa, Pallas@as en acción)
Joán Carmona (Catedrático da USC)
Joaquín Dorado (represaliado, Barcelona)
José André Porto Taboada (Bolseiro Instituto Camoens- Lisboa)
José Cabañas González (funcionario, Asociación Recuperación Memoria Histórica-Ourense)
José Gómez Alén (catedrático e historiador, Compostela)
José Luis Gutiérrez Molina (profesor e escritor, Cádiz)
Juan Pablo Forti Buratti
Julián de la Morena López (neto de desaparecido)
Julio Prada Rodríguez (Profesor e escritor, Ourense)
Koldo Pla Larramendi (historiador, Navarra)
Lourenzo Fernández Prieto (director de "Os nomes, as voces, os lugares")
Luis Lamela (historiador, A Coruña)
Luis Rei Núñez (técnico de cultura, director Revista "Ardentía", Cambados)
Manuel Ayán Díaz (escolante, Aula Castelao de Filosofía, Pontevedra)
Manuel Fernández Pita (presidente Asociación Memoria Histórica Democrática, Ferrol)
Manuel Igrexas (profesor e escritor, Lalín)
Manuel Sarille Lenceiro (Presidente Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo, Lugo)
Manuel Villaverde (escritor, Redes Escarlata)
Marga Romero Lorenzo "Do Val" (profesora e escritora, Tui)
Margarita Teijeiro Suárez (Comisión pola Memoria Histórica Vilagarcía)
Mª del Carmen Prieto (Comisión Memoria Histórica-Vilagarcía)
Mª Nélida Ferreiro Dacal (profesora, Pontevedra)
Mª López Ruído (profesora, realizadora de vídeo-Barcelona)
Mariana Petiti Rivas (Rede Escarlata)
Mariví Villaverde (viúva de Ramón de Valenzuela, Consello da Memoria-Madrid)
Marta Mosquera Fociños
Matías Rodríguez da Torre (profesor, Asociación Adellís, Silleda)
Mon G. Buhigas (Redes Escarlata)
Óscar Antón (Redes Escarlata)
Pablo Celada Perandones (Burgos)
Pancho Valle-Inclán Alsina (Bibliotecario, Compostela)
Pedro de la Rubia
Pilar Serén Villar (Bibliotecaria, Compostela)
Rafa Balado (Redes Escarlata)
Rafael Chacón Benítez
Ricardo Castro (Redes Escarlata)
Rosa Castro (Redes Escarlata)
Santiago Macías (Membro fundador Asociación Recuperación Memoria Histórica, Ponferrada)
Suso García (traballador, CNT-Betanzos)
Suso Rivas González (Poboado de Fontao-Vila de Cruces)
Uxío Breogán Diéguez Cequiel (historiador, director Revista "Murguía", Compostela)
Verónica Campos (CEIDA, Oleiros)
Víctor Manuel Santidrián (profesor e escritor, Compostela)
Xabier Cordal (profesor)
Xabier P. Docampo (profesor e escritor)
Xan Leira (Audiovisual-Moaña)
Xaquín Rubido Muñiz (biólogo e profesor de Secundaria, Vilagarcía)
Xis Costa Valiño (profesor, Boiro)
Xoán Chillón (profesor, Asociación Cultural Memoria Histórica 28 agosto-Cangas)
Xoán Carlos de Dios (escultor-Ourense)
Xoán Carlos Garrido (profesor e escritor, A Estrada)
Xosé Álvarez (profesor e investigador, Pontevedra)
Xosé Álvarez Cáccamo (profesor e escritor, Nigrán)
Xosé Antón Laxe Mantiñán (Redes Escarlata)
Xosé A. Pedreira (Libreiro-Compostela)
Xosé Enrique Acuña (Editor-Pontevedra)
Xosé Enrique Costas González (Catedrático Univ. Vigo)
Xosé Lois Vilar (Historiador, Baiona)
Xosé Luis Regueira Fernández (profesor, Compostela)
Xosé Luís Rodríguez Pardo (avogado, A Coruña)
Xosé Luis Santos Cabanas (Traballador universidade e escritor, Teo)
Xosé Manuel Carril Vázquez (profesor, Compostela)
Xosé Manuel Cid Fernández (profesor e escritor, Ourense)
Xosé Manuel García Crego (Editor, FPG, Priegue-Nigrán)
Xosé Manuel Eyré (profesor e crítico literario-Vigo)
Xosé Manuel López Ciprián (A Coruña)
Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez (profesor e escritor, Compostela)
Xosé María Lema Suárez (profesor e escritor, Costa da Morte)
Xosé Ramón Veiga Alonso (profesor Departamento de Historia Contemporánea, Compostela)
Xurxo Martínez Crespo (Presidente Federación de Asociacións de Emigrantes Galegos Retornados)


4/5 (4 votos)