Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SENTENZA EN CONTRA DUN COMPLEXO EN CHANTADA

A Xustiza abre vías para que os veciños reciban máis cartos polos parques eólicos

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza acaba de ditar que cómpre "repoñer o monte ao estado anterior" á instalación dun complexo eólico en Chantada, ou renegociar os cartos que recibiron os donos dos terreos. Esta sentenza afecta a catro parques pero, segundo Unións Agrarias, UU.AA, abre o camiño para a retirada doutros complexos en terreos comunais, ou a renegociación da parte dos beneficios que levan os afectados. O sindicato pídelle á Xunta que non recorra este ditame e que lexisle para que polo menos o 10% dos beneficios sexan para os veciños. O programa electoral do BNG incluía a creación de "mínimos indemnizatorios" para os afectados por centrais de enerxía.

- 17:37 14/02/2007
Tags:

A clave do fallo de Chantada é que o xuíz considera que a Xunta non xustificou correctamente que os muíños teñan prioridade sobre a explotación das leiras polos veciños. Baseándose neste argumento, o goberno anterior autorizou a instalación de varios parques en montes comunais.

Compromiso electoral?
Ao fío desta sentenza, Unións reclámalle á Xunta que lexisle para obrigar ás empresas a reverter nos veciños o 10% dos beneficios, pois agora "cobran un exiguo 1%". Esta é, segundo o sindicato, a "única forma de que os veciños non abandonen as aldeas e que haxa desenvolvemento rural".

No programa electoral do BNG, partido que controla a Consellería de Industria, prometíase que "se estabelecerán mínimos indemnizatorios que as empresas produtoras deberán abonar aos afectados pola instalación de centrais produtoras de enerxía".

A pelota, no tellado de Fernando Blanco
UU.AA pídelle ao conselleiro de Industria, Fernando Blanco, que non recorra ao Tribunal Supremo a sentenza sobre o complexo lugués. "Un recurso iría en contra dos intereses dos veciños e sería darlle a razón a empresas como Enerfín que pretenden facer cartos a costa dos demais", argumenta Unións.

Fontes de Industria indicaron a Vieiros que a Xunta está estudar a sentenza, pero que non hai prazo para decidir se o Goberno vai recorrer. Na recente adxudicación de 24 novos parques, Industria logrou que unha porcentaxe dos beneficios das empresas ficase en mans da Xunta.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: