Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
6.000 TONELADAS DE FERTILIZANTES A BORDO

Tentan afastar da costa coruñesa un barco que emana gases tóxicos por mor dun incendio

Salvamento Marítimo está tentando remolcar o buque holandés 'Ostedijk', que sufriu un incendio a oito millas da costa da Coruña e que está a emanar gases tóxicos. A Xunta de Galicia xa activou o Centro de Coordinación Operativa (CEOP) para tratar a situación de risco. A tripulación lanzou un S.O.S á 01:50 logo de detectar que parte das máis de 6.000 toneladas de fertilizantes agrícolas que transportaban nas súas bodegas se descompuxeran.

- 15:33 17/02/2007
Tags:

Segundo informaron a Vieiros fontes de Salvamento Marítimo da Coruña, o barco atópase a vinte quilómetros da cidade herculina e á espera de que desembarquen nel uns bombeiros para valorar a situación.

Tamén se anuncia que a situación non trae consigo risco para a poboación nin de contaminación para o mar. A primeira hora da tarde traballase na viraxe de dirección do buque para que os gases salgan da bodega xa aberta.

Pola súa parte, o conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu, que preside o CECOP, está a dirixir o dispositivo de emerxencia da Xunta e a manter contactos co Delegado do Goberno, Manuel Ameijeiras, que dirixe o operativo de resposta.

Segundo se informa nun comunicado de Presidencia, "a Delegación do Goberno e a Xunta traballan conxuntamente para tomar todas as medidas necesarias para evitar que se produza calquer risco derivado da situación na que se atopa o buque.


0/5 (0 votos)