Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INCENDIO NUN BUQUE QUE TRANSPORTABA FERTILIZANTES A 15 MILLAS DA CORUÑA

A fermentación da carga do 'Ostedijk' está controlada, segundo Salvamento Marítimo

As labores que realiza Salvamento Marítimo no buque holandés ‘Ostedijk’ están a axudar a controlar a fermentación da carga que se descompuxo por mor dun incendio. Segundo informan fontes deste organismo, o remolcador Don Inda, con base en Corcubión, está a manter fixo por popa o buque co obxectivo de situalo en dirección contraria ao vento para que os gases tóxicos non afecten á tripulación, que en ningún momento chegou a perder o control do barco. Desde a Xunta insístese en que os gases non supoñen un perigo para a poboación do litoral coruñés nin para o mar e que como moito poden causar pequenas irritacións.

  • Anterior: Tentan afastar da costa coruñesa un barco que emana gases tóxicos por mor dun incendio
  • Touriño asegura que se están a tomar todas as medidas axeitadas para minimizar riscos

- 19:49 17/02/2007
Tags:


0/5 (0 votos)