Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INCENDIO A 15 MILLAS DA CORUÑA NUN BUQUE QUE TRANSPORTABA FERTILIZANTES

O ‘Ostedijk’ continúa a súa ruta logo de emanar gases tóxicos durante 20 horas

Ás once da noite deste sábado o buqué holandés ‘Ostedijk’ recibía a autorización da Mariña Mercante para continuar a súa ruta até Valencia. A embarcación pasou 20 horas ante as costas galegas logo de sufrir un incendio que descompuxo parte da súa carga, 6.000 toneladas de fertilizantes. A fermentación provocou a emanación de gases tóxicos motivo polo que a Xunta decidiu activar o Centro de Coordinación Operativa (CEOP) para tratar a situación de risco. O delegado do Goberno en Galiza, Manuel Ameijeiras, sinalou a primeira hora da tarde do sábado que non existía perigo para "o barco, tripulación, poboación, nin para o medio ambiente".

    Anteriores:
  • A fermentación da carga do 'Ostedijk' está controlada, segundo Salvamento Marítimo
  • Tentan afastar da costa coruñesa un barco que emana gases tóxicos por mor dun incendio
  • Touriño asegura que se están a tomar todas as medidas axeitadas para minimizar riscos

- 12:39 18/02/2007
Tags:


0/5 (0 votos)