Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ATÓPASE A 34 MILLAS DO CABO VILÁN

O buque holandés ‘Ostedijk’ volve pedir axuda doce horas despois de reiniciar a súa ruta

O ‘Don Inda’ de Salvamento Marítimo está a remolcar na tarde deste domingo o cargueiro holandés ‘Ostedijk’ logo de que a súa tripulación solicitase asistencia ás 13 horas. A embarcación volveu ter problemas nas súas bodegas ao pouco de reiniciar a súa ruta cara á Valencia. Segundo a Delegación do Goberno en Galicia, que está a estudar as posíbeis medidas a tomar, o buque atópase a 34 millas do Cabo Vilán. Na madrugada do venres ao sábado un incendio provocaba a descomposición de parte das 6.000 toneladas de fertilizantes que o ‘Ostedijk’ levaba no seu interior, o que provocou a emanación de gases tóxicos a só 15 millas da costa coruñesa.

    Anteriores:
  • O ‘Ostedijk’ continúa a súa ruta logo de emanar gases tóxicos durante 20 horas
  • A fermentación da carga do 'Ostedijk' está controlada, segundo Salvamento Marítimo
  • Tentan afastar da costa coruñesa un barco que emana gases tóxicos por mor dun incendio
  • Touriño asegura que se están a tomar todas as medidas axeitadas para minimizar riscos

- 14:17 18/02/2007
Tags:


0/5 (0 votos)