Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CATRO DOS SEUS TRIPULANTES RECIBIRON ASISTENCIA MÉDICA NO "JUAN CANALEJO"

Descártase levar a porto o ‘Ostedijk’

O gabinete de crise formado para tratar a situación de emerxencia creada polo buque holandés ‘Ostedijk’ aínda non decidiu que facer co barco. Pasadas as 22 horas a Xunta anunciou a través dun comunicado que se descartaba "calquera solución en instalacións portuarias". O gabinete presidido polo Delegado do Goberno en Galiza, Manuel Ameijeiras, está a estudar as posíbeis alternativas para resolver o problema, "sempre tendo en conta a seguridade das persoas, o coidado do ambiente e as posibilidades técnicas existentes".

- 21:44 18/02/2007
Tags:

Pasadas as 20:30 horas do domingo, o buque atopábase a 20 millas ao norte das Illas Sisargas e a 31 da Coruña. Segundo informa a Xunta, "continúa a súa navegación, remolcado polo buque polivalente de Salvamento Marítimo ‘Don Inda’, a unha velocidade de seis nós e mantén un rumbo de seguridade que garante unha axeitada ventilación da adega afectada". Ao mesmo tempo, catro tripulantes do cargueiro tiveron que ser evacuados a petición do capitán do barco e recibiron asistencia no Hospital "Juan Canalejo" da Coruña.

    Anteriores:
  • O buque holandés ‘Ostedijk’ volve pedir axuda doce horas despois de reiniciar a súa ruta
  • O ‘Ostedijk’ continúa a súa ruta logo de emanar gases tóxicos durante 20 horas
  • A fermentación da carga do 'Ostedijk' está controlada, segundo Salvamento Marítimo
  • Tentan afastar da costa coruñesa un barco que emana gases tóxicos por mor dun incendio
  • Touriño asegura que se están a tomar todas as medidas axeitadas para minimizar riscos


0/5 (0 votos)