Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A ORGANIZACIÓN ‘NUNCA MÁIS’ CRITICA A XESTIÓN DO OPERATIVO DE EMERXENCIA

Salvamento Marítimo arrefriará a carga do 'Ostedijk' á altura de Estaca de Bares

O cargueiro holandés 'Ostedijk' está a ser levado até un punto abrigado preto de Estaca de Bares para comezar o arrefriamento das 6.000 toneladas de fertilizantes que leva nas súas bodegas. Segundo anunciou a directora Salvamento Marítimo, Pilar Tejo, non existe "ningún risco de explosión, nin de incendios, nin de contaminación". Tejo anunciou tamén que a embarcación de Salvamento 'Alonso Chaves' será a encargada de aportar o auga na operación de arrefriamento da carga.

- 16:13 19/02/2007
Tags:

A organización 'Nunca Máis' expresou este luns a súa desconformidade coa xestión do operativo de resposta á crise. Segundo declarou a Europa Press Rafa Villar, portavoz da organización, esta situación non é como a do 'Prestige' pero advertiu que o goberno galego "non está a dar solucións" a situacións de "alto risco". Villar criticou a decisión de que o buque continuara na noite do sábado a súa ruta "sen que se dese unha solución á carga" xa que foi unha decisión adoptada "sen o rigor necesario" que requiría a situación.

    Anteriores:
  • Fomento move o 'Ostedijk' pola costa sen decisión clara sobre o que facer
  • Descártase levar a porto o ‘Ostedijk’
  • O buque holandés ‘Ostedijk’ volve pedir axuda doce horas despois de reiniciar a súa ruta
  • O ‘Ostedijk’ continúa a súa ruta logo de emanar gases tóxicos durante 20 horas
  • A fermentación da carga do 'Ostedijk' está controlada, segundo Salvamento Marítimo
  • Tentan afastar da costa coruñesa un barco que emana gases tóxicos por mor dun incendio
  • Touriño asegura que se están a tomar todas as medidas axeitadas para minimizar riscos


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: