Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO CASO DE QUE AS CONVERSAS FRACASEN

Os EUA xa teñen un plan para atacar Irán

O exército estadounidense deseñou polo miúdo o plan de ataque a Irán, definindo xa todas as infraestruturas militares susceptíbeis de seren bombardeadas. Segundo a información revelada pola BBC, o goberno dos EUA lanzará a operación no caso de que fracasen as conversas diplomáticas agora abertas.

- 08:00 20/02/2007
Tags:

Até agora o goberno estadounidense negara sempre a existencia dun plan para atacar Irán, aínda que o presidente George W.Bush insinuara esa posibilidade. A diferencia do que aconteceu por exemplo con Corea do Norte, que recoñecera que o seu proxecto nuclear incluía tamén obxectivos militares, Irán veu defendendo sempre que a aposta pola enerxía nuclear tiña a única meta da produción enerxética.

As recentes declaracións do xestor do Instituto Internacional de Enerxía Atómica, Mohamed ElBaradei, quen asegurou que Irán será capaz de enriquecer uranio en poucos meses, poderían acelerar os plans estadounidenses. Unha antiga asesora do executivo Bush, afirmou para a CNN que os EUA poderían provocar un conflito "accidental" como escusa para lanzar o ataque aéreo sobre Irán.

E porén, o recente acordo con Corea do Norte, que se comprometeu a desfacer o seu programa nuclear a cambio de gorentosas axudas económicas, gañando así a súa saída do bautizado "eixo do mal", é exemplo de que a solución diplomática aínda é posíbel.

Poden ampliar na BBC.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: