Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O GABINETE DE CRISE PREPARA MEDIDAS MÁIS EFECTIVAS PARA ARREFRIAR A CARGA

Rexeitan a proposta da armadora do 'Ostedijk' de descargar nun porto

A empresa armadora do 'Ostedijk' terá que presentar unha proposta de actuación alternativa, despois de ter sido rexeitada a suxestión de descargar o contido do buque nun porto. O gabinete de crise desbotou a posibilidade de achegar o cargueiro holandés até a costa e decidiu aumentar o perímetro de seguridade. Deste xeito, pretende reducir as molestias que provocan os gases procedentes da descomposición do fertilizante que se atopa nas bodegas do barco.

- 17:57 20/02/2007
Tags:

A directora do Servizo de Salvamento Marítimo (Sasemar), Pilar Tejo, insiste, de todos os xeitos, en que as emanacións son irritantes e non tóxicas. No caso de que non haxa unha proposta dos armadores, será a Administración a tome unilateralmente unhas medidas que xa ten decididas. Tejo quixo deixar claro que o barco non se introducirá na ría de Viveiro e só se achegará até unhas cinco millas ao leste de Estaca de Bares para protexelo do vento.

Mentres, o 'Alonso de Chaves' segue a botar auga sobre a bodega do 'Ostedijk' para arrefriar o fertilizante en descomposición. A Administración está a traballar nun artefacto que permita frear o proceso, como lles recomendou a empresa fabricante do cargamento.

    Anteriores:
  • O arrefriamento da carga do 'Ostedijk' non está a dar resultado
  • Salvamento Marítimo arrefriará a carga do 'Ostedijk' á altura de Estaca de Bares
  • Fomento move o 'Ostedijk' pola costa sen decisión clara sobre o que facer
  • Descártase levar a porto o ‘Ostedijk’
  • O buque holandés ‘Ostedijk’ volve pedir axuda doce horas despois de reiniciar a súa ruta
  • O ‘Ostedijk’ continúa a súa ruta logo de emanar gases tóxicos durante 20 horas
  • A fermentación da carga do 'Ostedijk' está controlada, segundo Salvamento Marítimo
  • Tentan afastar da costa coruñesa un barco que emana gases tóxicos por mor dun incendio
  • Touriño asegura que se están a tomar todas as medidas axeitadas para minimizar riscos


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: