Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AHMADINEYAD DI QUE O SEU PAÍS "NON TEN FREOS NIN MARCHA ATRÁS"

Irán asegura que continuará co seu programa nuclear malia as presións internacionais

O presidente de Irán, Mahmud Ahmadineyad, asegurou este domingo nunha radio estatal que o seu país seguirá a desenvolver o seu polémico programa nuclear. Deste xeito, omite a petición da comunidade internacional de por fin o enriquecemento de uranio e asegura que o tempo da "intimidación" xa rematou. Ahmadineyad sinalou na súa intervención que "o tren da nación de Irán non ten freos nin marcha atrás".

- 13:50 25/02/2007
Tags:

Este luns, o consello de Seguridade da ONU, formado por representantes do Reino Unido, Francia, Estados Unidos, China, Rusia e Alemaña, reúnese con caracter urxente para discutir as medidas a tomar contra o goberno de Teherán. Porén, este asegura que non acatará ningunha sanción imposta desde a ONU e sinala, segundo Al Jazeera, que o seu programa atómico é "pacífico por natureza".

Mentres, a Axencia Internacional para a Enerxía Atómica advertiu a semana pasada de que Irán, lonxe de atender o ultimátum do Consello, ampliou o seu programa de enriquecemento de uranio estabelecendo centos de centrifugadoras novas.


0/5 (0 votos)